mércores, 26 de outubro de 2022

CONSELLOS PARA IDENTIFICAR A UNHA BRUXA!!

 Mirade ben este debuxo!


E lembrade ler este libro de Roald Dahl, con ilustracións de Quentin Blake que a min me gusta moito.




Este é un libro que todos os nenos do mundo deberían ler!
Xa que estamos entrando no tempo do Samaín, e para divertirnos pasando un pouco de medo, a profe Ana leu os consellos que lle dá a avoa ao seu neto para recoñecer a unha bruxa e escapar correndo.

Porque bruxas hai moitas, e están por todas partes, pode ser calquera muller que te atopes en calquer sitio, no super, no centro de saúde, mesmo no noso colexio...


A ver se atopades un par de bruxas nestas fotos?



E aquí escapamos todos porque sospeitamos que no noso colexio.... hai máis dunha!!!



Moito coidadiño coas bruxas e ...
ATA A PRÓXIMA SEMANA DE MEDO!!






RAPEANDO CONTOS!!



 



O outro venres, 15 de outubro, a cativería de 3º e 4 "RAPEOU " para todos nós un conto moi divertido.

Nesa cidade imaxinaria, comezaron a medrar cucurbitaceas  ( a buscar esta palabra no diccionario!), e a xente decidíu fabricar vehículos moito máis ecolóxicos.

Nestas fotos que fixen podedes ver canto ritmo teñen os rapaces e rapazas de 3º e 4º que foron a envexa de tódolos rapeiros do mundo enteiro.






E a continuación podedes desfrutar da súa actuación!!






luns, 17 de outubro de 2022

INÉS E ELENA , GRANDES MÚSICAS NO CORNIDE!!

 A semana pasada,o luns, estaba eu no meu agocho mentres os nenos aprendían tranquilos.

Era un día como outro calquera de clase, eu buscando libros de mascotas, e pensando que as mellores mascotas do mundo son os ratos de biblioteca coma min!

Nesto que escoito unha música como de paxariños nun xardín, me asomo ao recibidor do cole, e vexo a dúas chicas moi guapas que estaban tocando a frauta traveseira.

Quedei abraiado!!


Inés e Elena explicáronnos as partes da frauta e tocaron un minueto de Beethoven.

Saquei estas fotos para que vexades o atentos que estabamos todos.

Volvede axiña, por favor, porque quedamos con gañas de moita máis música  e vervos tocar de novo.

Moitas grazas!!




venres, 30 de setembro de 2022

Un gato moi larpeiro e pillabán!!



A vida de sixto é unha marabilla!
Vive en seis casas, ten seis donos e cea seis veces cada día, ata que un resfriado lle complica moito a vida.
A profe Ana contounos este conto para que teñamos moitos ollo coas nosas mascotas.



Ata a próxima, amiguiños.
Seguirei buscando contos das miñas  colegas mascotas.

luns, 26 de setembro de 2022

UN COMEZO DE CURSO CON MOITO CONTO!!

 Estou encantado co comezo deste curso 22-23!!

Chegaron un lote de nenos e nenas moi contistas, e moi ilusionados en participar nos contos dos venres. 

Desde o meu agocho polas paredes do colexio fixen fotos e aquí tedes as súas marabillosas actuacións e tamén tedes os libros da nosa biblioteca para que volvades a lelos nas vosas casas.

Venres, 9 de setembro

Este é un libro moi velliño, dos primeiros que trouxen para este cole, pero é un dos preferidos de moitas xeracións que pasaron por aquí.

E un daqueles grupos regalounos o libro xigante feito por eles na clase de plástica, que usamos para lembrar esta historia tan surrealista .

E a profe Ana e os seus alumnos de 1º e 2º fixéronnos voar con "El pájaro Federico"

 



 

 


Venres,16 de setembro

"Orellas de bolboreta" é outro libro que tamén nos gusta moito, porque nos fala de non facer caso das tonterías e estar moi contentos co que somos (altos, baixos, fracos, gordos...)

E a profe Ana cos todos os nenos e nenas da clase contáronnos o conto 








Venres, 23 de setembro



"Todos menos uno" conta a historia dun chícharo que quería ser diferente aos outros chícharos e envidiaba a outros seres da natureza...

Os nenos e nenas de 3º e 4º fixeron unha representación maxistral.







Isto é todo polo de agora!!

Ata a próxima!!



martes, 24 de maio de 2022

A NOSA NOVA BIBLIOTECA DE SEMPRE!

 Despois de moito tempo, temos novidades no mobiliario e organización da biblioteca!!



Mesas de traballo e sillas novas, e moito máis espazo para desfrutar dela!!

Aconsellados polas amigas bibliotecarias da Sagrada Familia, cambiamos o modo de ordenar os libros nos andeis.

Todos os libros informativos pasaron ao vestíbulo do cole, e están moi ben localizados grazas aos pictogramas que indican cada sección. 

Cada libro ten o seu pictograma e o "tejuelo" correspondente e están colocados  pola orde alfabética do autor.










Os resto dos libros (narrativa, poesía e cómic), quedaron na "nova biblioteca de sempre" mantendo a orde de colores por idades :

 Vermello.e verde- Levan "tejuelo" e van por orde alfabético de autor.

Azul.- Ordenados por editoriais e coleccións.











Agardamos que sexa moito máis facil atopar os libros desexados, e que todos aprendamos moi axiña a colocalos sempre no seu lugar, para que esta biblioteca chea de luz, ratos máxicos, contos e moita música nos dé moitos momentos de diversión e aventuras sen fin...








venres, 20 de maio de 2022

Maio no Cornide


 Ola amiguiños e amiguiñas!

Encantoume a  actividade que fixestes o pasado 13 de maio para celebrar a Festa dos Maios.

🌻🌼🌺🌹Que flores e follas tan fermosas🌷🌸🌹🌺

Despois de tanto ensaiar,
a canción quedou fenomenal.

Aínda canto na miña casa, ese retrouso que tanto me gustou do poema de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado polo
  Día das Letras Galegas 2022.

Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo,
na verde camisa
botois de amorodos,
monteira florida,
a roupa das festas,
e un caraveliño
por riba da orella.