mércores, 23 de outubro de 2019
4 MILLÓNS!!
No cole estamos dun subidón maiúsculo.Este martes, as nenas e nenos de 3º,4º,5º e 6º foron de excursión á Casa das Ciencias,e a súa aventura vai ser publicada en toda la prensa da Coruña!! Deixovos uns enlaces para que podades comprobalo : Foron os visitantes 4 millóns e iso non pasa todos os días!!!
La Voz de Galicia
La Opinión
El Ideal Gallego
VENRES DE FUME E LUME!!
Primeiro explicáronnos como se preparaban para un incidente, e como se iban poñendo o traxe que pesa un montón e vai preparado con moitos trebellos útiles para o seu traballo.
A profe Ana fixo de manequín, e case decide cambiar de traballo e facerse bombeira, pero non se sentía moi favorecida con este atuendo.
Despois mostraron como revisar e utilizar un extintor nun pequeno lume que ocurra no cole ou na nosa casa.
Logo, practicamos primeiros auxilios e todos fixemos a reanimación cardio-respiratoria a un boneco, mentres cantamos "A Macarena".
Tamén aprendemos como evacuar dun lugar con moito fume , con orde e pechando todo detrás de nos.
Moitas grazas aos Bombeiros por ensinarnos tan ben e tanto e por ser uns profes tan divertidos.
Ata a próxima aventura!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)