luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Ola amiguiños e amiguiñas!!!

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano 2020 o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
Tedes a continuación un enlace ás actividades que aparecen na páxina web do cole:



E aquí tedes un conto deste autor que me encantou:


domingo, 10 de maio de 2020

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021


Na páxina web do cole, tedes toda a información referente ao proceso de admisión de novo alumnado para o próximo curso 2020-2021.

mércores, 6 de maio de 2020

OS CONTOS DE XOSÉ!!!!!


Ola amiguiños e amiguiñas!

Temos aquí unha nova entrega dos Contos de Xosé. Grazas compañeiro por facernos rir tanto nestes días!

Bicos para todos e todas do rato da biblio.


luns, 4 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio, conmemorouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Quero deixarvos aquí un vídeo dun conto moi bonito que temos na biblioteca e que nos fai pensar e recapacitar sobre este tema.
Invítovos a lembrar a Mara (porque xa a coñecemos algún día no cole), unha nena que pasou de ser unha orelluda a ter unhas fermosas orellas de bolboreta.




xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020


Pinchando aquí, tedes unha recompilación moi interesante que fixo o CEIP Nosa Sra de Xuvencos.

E en Galicia Le, tedes máis descargas de libros gratuítas.
Servicio de préstamo y consulta de recursos electrónicos ...

luns, 20 de abril de 2020

O RATO DO CORNIDE LOITA CONTRA O CORONAVIRUS

Amiguiños e amiguiñas!
 Coidádevos nas vosas casas que do cole xa me encargo eu.


mércores, 8 de abril de 2020

CEIP José Cornide Saavedra, COLEXIO DE LOITADORES


Ola amiguiños e amiguiñas!
Mándovos este vídeo que estivemos facendo os ratiños máis eu coas fotos que mandastes.
Agardo que vos guste moito!!!!

E non medredes tanto que cando voltedes ao cole, non vos vou a coñecer 😉

Bicos e apertas do rato da biblio.🐁🐁🐁🐁🐁

😘😘😘😘


domingo, 5 de abril de 2020

E AGORA TOCA RIR...


A continuación déixovos uns vídeos que mandou o noso compañeiro Xosé Queixas para facernos pasar un rato agradable neste días tan duros e facernos rir un pouco.

Moitas grazas Xosé pola túa alegría!!!

Primeira entrega de OS CONTOS DE XOSÉ


E a continuación tedes OS CONTOS DE XOSÉ, CAPÍTULO 2




venres, 3 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS


Mirade que vídeo tan interesante nos fixo a nosa compañeira Elena Sacristán.

Moitas grazas polo traballo!!!


mércores, 1 de abril de 2020


Ola amiguiños e amiguiñas!!

Hoxe estou SUUUUPER CONTENTO.

Recibín un agasallo moi especial.

Mirade que foto máis bonita nos enviou a nosa compañeira Leia!!!

Animádevos a facer unha foto parecida e mandádella á profe Patri.

Moitas grazas, moito ánimo e..... EU QUEDO NA CASA.


luns, 30 de marzo de 2020

XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES!!


Ola amiguiños e amiguiñas!
Mirade que fotos e que frases tan bonitas mandaron todas as persoas que traballan no noso colexio.
Están todos e todas, ata están algúns da miña familia!!!
Queremos mandarvos moitos ánimos e moita forza para loitar todos xuntos contra o CORONAVIRUS.

E lembra .... #quedanacasa




xoves, 26 de marzo de 2020

XOGO XAQUE AO VIRUS


O luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-line "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAs

    É unha proposta para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte non Centro", "Lecer Educativo-POE-" e "Luditarde", para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

    O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

    - Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.


    - Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

    Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 h.  DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

    É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico do blog do teu colexio.


A QUÉ ESPERAS?!!!

LEMBRA que podes animar aos teus compañeiros e compañeiras do cole a participar no xogo, non só os que van a actividades. Cantos máis sexades mellor e máis puntuación para o teu cole.


mércores, 25 de marzo de 2020

INFORMACIÓN COVID19



Ola amiguiños e amiguiñas!!

Canto tempo sen vervos e escoitarvos aquí no cole. Estou un pouquiño triste ao non poder ver todas as actividades tan bonitas que facedes no cole. Seguro que estes días nas vosas casas tamén estades facendo cousas moi chulas e aprendendo moito.

Vou a poñer por aquí algunha información, que me din os profes, que é moi importante en relación ao Coronavirus.
Espero volver a vervos pronto por aquí pero, de momento, o máis importante é coidarse e recordar:

ÁNIMO!!!!

#euquedonacasa

#yomequedoencasa


ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS



GUÍA PARA AS FAMILIAS





LAVAR AS MANS





CONTO: MISIÓN QUEDARSE NA CASA


luns, 2 de marzo de 2020

xoves, 13 de febreiro de 2020

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DA MASCOTA ACTIVA

Ola amiguiños e amiguiñas!

Cantas cousas vimos o venres despois do recreo!
Despois do conto tan entretido que nos contou a profe Ana "La vaca que se subió a un árbol" realizouse a entrega de premios do concurso da mascota activa.

Que beeeeeeennn! Xa teño unha nova amiguiña. Chámase Herculina e a súa autora recibiu un diploma e un agasallo, ao igual que o resto dos finalistas. Agardo que a poidamos ver próximamente con algo de volume.

Mirade que guapos están recibindo os seus obsequios.




venres, 31 de xaneiro de 2020

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ


Ola amigos e amigas!!
Mirade que ben o pasamos onte celebrando o Día da Paz.
Cada un fixo o seu cartel da Paz e entre todos e todas construímos o símbolo humano da PAZ no patio cuberto, e.....
ATENTOS!!!! porque o luns continuaremos facendo unha cadea humana no Paseo Marítimo xunto con outros colexios da cidade, ao berro de:
XUNTOS POLA PAZ E A DIVERSIDADE!!




martes, 21 de xaneiro de 2020

XA TEMOS MASCOTA !!!!




Que ben o fixestes amigos/as!!!!! 

Bravoo!!!

Noraboa polos vosos debuxos, son todos magníficos.

Parece que a decisión foi difícil pero ao final o xurado conseguiu elixir estes 5 finalistas.



Xa vin que tivestes que votar entre todos/as. E despois do reconto de votos, o resultado foi......


  
 HERCULINA!!!!


¡¡¡ CONCURSO MASCOTA ACTIVA !!!






Ola a todos e a todas!

Entereime de que este curso 2019-2020 comezamos no noso cole co Proxecto Deportivo de Centro. Unha das primeiras actividades que imos a facer é este Concurso da Mascota Activa.

Preciso que me axudedes a buscar un/ha amigo/a que sexa deportista, que me axude a moverme máis, a facer máis actividade física xa que o meu corpo necesita moverse máis.

Estou todo o día entre os libros e necesito facer algo máis activo e non ter unha vida tan sedentaria!!!!

Inventa unha mascota e elexiremos a que máis nos guste entre todos.