mércores, 30 de xaneiro de 2013

DIA DA PAZ

Aínda que o día da paz debería ser todos os días do ano, no cole quixemos lembrar por qué hoxe especialmente:
Despois de ver o magnífico traballo feito por Alba e Víctor, os nenos e nenas de 3ºciclo leron o conto de "Wangari e as árbores da paz" que é a historia verdadeira de Wangari Maathai, que foi premio Nobel da Paz do ano 2004, xa que grazas a ela foron prantadas en África, 47 millóns de árbores.

Deixovos o vídeo para que volvades disfrutar del:




E como remate, todos xuntos cantamos "Amiguiños todos", coa letra do poema de Neira Vilas.
Agardamos que o día da Paz sexa onte, hoxe, mañá, pasado...

luns, 28 de xaneiro de 2013

FINA CASALDEREY


Na biblioteca do José Cornide tamén estamos moi ledos co nomeamiento como membro da R.A.G. de FINA CASALDEREY.
Deixámosvos este enlace informativo e sumámonos á iniciativa dos blogs das bibliotecas escolares.

xoves, 10 de xaneiro de 2013

DE FESTA CON ZAPATO BAIXO E MEDIA DE SEDA

O venres 21 de decembro, foi un día grande no cole. Como cada fin de proxecto, tocaba festa das familias, na que os nenos ían demostrar o ben que se desenvolven encima dun escenario.
O primeiro era facer as invitacións para todo o mundo
Os peques de 4 e 5 anos fixeron a representación dun conto, o Retal, como auténticos profesionais...
Os de primeiro ciclo de Primaria deleitáronnos con versos e poemas...
Os máis peques déronnos toda unha lección maxistral da historia do traxe no tempo...
E soubemos da historia dun rei que quiso un traxe novo e tivo un desgusto grande. Os nenos de segundo ciclo bordaron o relato...
E remataron os do terceiro ciclo, cunha lección sobre a confección ao longo do tempo.
E, ao final da festa, unha visita moi especial. Como xa se aproximaba a data da súa venida cos regalos, as súas maxestades reais viñeron recoller as cartas dos peques. Foi un remate perfecto da festa, e así, coa ilusión dos peques artistas, o cole pechou outro ano máis e todos nos preparamos para o ano novo.