luns, 23 de xaneiro de 2012

NOVO ANO, NOVAS ILUSIÓNS, MÁIS EMOCIÓNS...

O martes, 17 de xaneiro, os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria, foron ao MACUF. 
Alí tiveron a ocasión de transformar os seus medos en chocolate, e despois comelos.
 Foron uns ¡SABOROSOS SUSTOS!


Tamén as profes do museo, mostráronlles unha exposición con obras de artistas actuais na que se mostraban os seus medos.
Saímos do museo sendo moito máis valentes.











O venres 20 de xaneiro, na hora do conto,  os nosos amigos de Kalandraka, Patricia e Alex e o seu acordeón, viñeron contarnos as historias do elefante Pancho, da Familia C e dun mago moi singular, un mago que garda soños...nunha caixa de cristal, o Mago Goma.
Aquí vos deixo as imaxes dese día e os marabillosos libros que gardan as súas andanzas.




                                                              
                                                                                                                                                                                                                                                                                        

venres, 13 de xaneiro de 2012

UNHA FESTA EN FEMININO E SINGULAR!!

O día 21 de decembro tiven ocasión de comprobar canto e de que maneira, aprenderon as nenas e nenos do colexio todo o que lles propuxen no caderniño de traballo.
Así que, para comezar ben o día, regaleilles unhas carpetiñas para protexer este e futuros proxectos.


A media mañá, comezaron a chegar as familias, mamás , avoas, papás, avós, padriños..., e algún que outro recen nacido  irmanciño .
Todos nervosos, concentrados, ilusionados, os alumnos demostraron que como artistas non teñen parangón no panorama audiovisual galego e parte do estranxeiro.
Aquí están as fotos que o demostran.




Unha vez pasadas as vacacións, vou comezar a pensar no próximo proxecto.... ¡idevos preparando!