Eu tamén fun agochado nunha mochila das merendas para poder contar aquí o que alí vimos..
De mañanciña, acompañados dos seus titores e mestres, chegamos a Santiago co fin de coñecermos os apeiros que, ao longo dos anos, usaron para o seu labor todas as persoas galegas que traballaron no agro.
Apeiros agora en desuso a maior parte, e como dixo o profe José Luis, gran coñecedor do tema: " Forman parte do que somos como pobo, coma comunidade dun labor concreto e como grupo ubicado nunha sociedade que o compartía todo para medrar, modernizarse e apegarse a un solo do que sempre formarán parte."
Apeiros tradicionais dalgúns traballos |
Os nenos aprendendo moito e collendo notas |
E agora, xa estamos dispostos a meternos a estudar e traballar no segundo proxecto deste curso: SEMENTANDO