Ola amiguiños e amiguiñas!
Encantoume a actividade que fixestes o pasado 13 de maio para celebrar a Festa dos Maios.
🌻🌼🌺🌹Que flores e follas tan fermosas🌷🌸🌹🌺
Despois de tanto ensaiar,
a canción quedou fenomenal.
Aínda canto na miña casa, ese retrouso que tanto me gustou do poema de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado polo
Día das Letras Galegas 2022.
Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo,
na verde camisa
botois de amorodos,
monteira florida,
a roupa das festas,
e un caraveliño
por riba da orella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario