venres, 21 de maio de 2021

MAIO DE FLORES E LETRAS

 Neste maio de flores e letras celebramos  a nosa lingua dunha maneira moi alegre!!

Fixemos entre todos un maio con herbas e flores traidas das nosas aldeas e fincas e, para seguir a tradición, cantamos cantigas populares e poemas de Manuel María e outros ao seu redor. 

E para a celebrar o 17 de maio, xuntámonos no patio e cantamos e recitamos nesta fermosa lingua que como un tesouro nos deixaron os nosos  maiores.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO!!

A rapazada de 5º e 6º cantou a cantiga LINGUA GUAPA (letra de Fina Casalderrey e música de Nestor Blanco)


A cativería de 3º e 4º cantaron a cantiga popular UNHA VELLA TIÑA UN CAN...

Os pícaros de 2º cantaron a canción    O BURRIÑO (letra de Manuel María e música de Suso Vaamonde)


Os pequerrechos de 1º cantaron MIÑA ABUELA MANUELA (do grupo Migallas)

Os meniños de 4 e 5 anos, ensinaron a todo o mundo os traballos que hai que facer, se pan de millo queres comer (do grupo Migallas)

E recitaron o poema A POMBIÑA BRANCA de Gloria Sánchez

 
E tamén O CUCO (popular)       

                                          

                                         

E os nenos e nenas de 3 e 4 anos cantaron PACO PAPÁN, canción dun conto popular.