O venres 9 de outubro, algúns nenos e nenas da clase do profe Marcos representaron para todos nós unha lenda africana titulada Rafara. Metéronse no noso camerino e saíron disfrazados de paxaros e outros personaxes desta historia. A súa representación foi marabillosamente salvaxe. Aquí tedes as fotos que o demostran.
A sesión foi dobre, xa que a profe Cecilia e os nosos amigos alemáns, quixeron que coñeceramos que os idiomas teñen a súa propia música e contáronnos o conto dunha eiruga moi larpeira coa música do alemán e coa música do galego. Despois démoslles un forte aplauso e un bico grande de todos para estes chicos que marchaban para o seu país logo de pasar unha temporadiña connosco. Volvede cando queirades a contarnos máis contos coa música do voso idioma!