martes, 24 de maio de 2022

A NOSA NOVA BIBLIOTECA DE SEMPRE!

 Despois de moito tempo, temos novidades no mobiliario e organización da biblioteca!!



Mesas de traballo e sillas novas, e moito máis espazo para desfrutar dela!!

Aconsellados polas amigas bibliotecarias da Sagrada Familia, cambiamos o modo de ordenar os libros nos andeis.

Todos os libros informativos pasaron ao vestíbulo do cole, e están moi ben localizados grazas aos pictogramas que indican cada sección. 

Cada libro ten o seu pictograma e o "tejuelo" correspondente e están colocados  pola orde alfabética do autor.










Os resto dos libros (narrativa, poesía e cómic), quedaron na "nova biblioteca de sempre" mantendo a orde de colores por idades :

 Vermello.e verde- Levan "tejuelo" e van por orde alfabético de autor.

Azul.- Ordenados por editoriais e coleccións.











Agardamos que sexa moito máis facil atopar os libros desexados, e que todos aprendamos moi axiña a colocalos sempre no seu lugar, para que esta biblioteca chea de luz, ratos máxicos, contos e moita música nos dé moitos momentos de diversión e aventuras sen fin...








venres, 20 de maio de 2022

Maio no Cornide


 Ola amiguiños e amiguiñas!

Encantoume a  actividade que fixestes o pasado 13 de maio para celebrar a Festa dos Maios.

🌻🌼🌺🌹Que flores e follas tan fermosas🌷🌸🌹🌺

Despois de tanto ensaiar,
a canción quedou fenomenal.

Aínda canto na miña casa, ese retrouso que tanto me gustou do poema de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado polo
  Día das Letras Galegas 2022.

Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo,
na verde camisa
botois de amorodos,
monteira florida,
a roupa das festas,
e un caraveliño
por riba da orella.

mércores, 18 de maio de 2022

POEMAS PARA OS NOSOS AVÓS


 

Ola de novo meus amiguiños!!
Estou moi conmovido porque acabo de escoitar as poesías premiadas co gallo da celebración das Letras Galegas, e son unha auténtica marabilla...
 Meus parabéns para todos, estou  realmente emocionado, e os vosos avós abraiados cos vosos versos.
 De seguro que Florencio Delgado Gurriarán, aló onde esté, tamén está moi contento ao escoitalas. 
Un abrazo moi grande e ata a próxima. 
Bicos de queixo para todos!!


venres, 6 de maio de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR.- ABUSÓNS FÓRA DA ESCOLA!!

 O día 2 de maio lémbrase internacionalmente que a escola debe ser un lugar seguro, tranquilo e acolledor para cada neno e nena que ven a aprender e a pasalo ben.

Por iso, e para que nos poñamos na pel e nos zapatos dos que sofren estas terribles situacións, as profes María e Lucía contáronnos o conto "OLIVER BUTTON É UNHA NENA





Aquí podedes ver ás profes contando o conto e mostrando as ilustracións.

Fixérono BEN, BEN, REQUETEBEN!!



E a profe Ana presentounos outros libros que están na nosa biblioteca e que tamén falan de nenos e nenas que, por ser diferentes, pasan momentos ou situacións que ningún de nós queremos pasar NUNCA, NUNCA, XAMÁIS.





Todos menos uno
A nena que quería navegar
Ás de mosca para Anxo
Orellas de bolboreta
Un niño muy raro

Son os títulos deses libros que contan historias que eu sei que non pasaron nin pasarán nunca no noso colexio.
PALABRA DE RATO!!