venres, 25 de febreiro de 2011

No bosque de Carapuchiña.

Co tema do bosque estamos tamén a achegarnos a moitos deses contos clásicos que tanto me gustan. De entre eles, talvez o primeiro no que pensamos é... Carapuchiña!

Mirade que ben o saben e o contan os pequenos do colexio.

Algúns, cos bonecos, no teatriño:





Outros, escenificándoo eles mesmos:


xoves, 24 de febreiro de 2011

GRAZAS, Raioteca.

Desde o CEIP de Andrade - Pontedeume, envíannos moi amablemente un enlace a unha Webquest que elaboraron sobre as fragas do Eume.


Anímovos a utilizala!! Este é o enlace. (Moitas grazas a Cristina e Encarna)



De paso, unindo as Fragas do Eume coa proposta de Mateus, preséntovos este libro que estou lendo polas noites na Biblio (durante o día non podo porque andan a lelo tamén os rapaces do terceiro ciclo na clase).

Nel, coñecín a Raquel, unha nena que viaxou coa súa clase ás fragas do Eume e trouxo, sen sabelo, un trasniño agachado na súa mochila... e se nos sucede o mesmo a nós cando vaiamos aló??

Mensaxe do amigo Mateus.



Amigos e amigas:
Vexo que estes meses ides aprender moito sobre os bosques, onde levo toda a miña vida. O Rato estívome contando o proxecto, e eu ben vexo que estades contentos, e con gañas de aprender.

Así que, que vos parece se vos propoño un xogo?

Como creo que ainda non me vistes, nen sabedes moito de min, penso que estaría ben que contasedes como credes que é vida dun trasno como eu no bosque: onde vivo, que como, en que ando enredando, que roupas levo, que árbores son as miñas preferidas ou cales son os meus amigos alí (a ver se coincide coa realidade, xa vos irei contando).

Que, apetécevos?

luns, 21 de febreiro de 2011

Fragas do Eume


Sei moi ben que o colexio está a encherse de bosques.
Mesmo estou enterado de os bosques protagonizarán o Entroido que se achega xa.



Sabedes vós que moi, moi pertiño de nós temos un bosque moi especial??
Así é!! Son as Fragas do Eume.
Lede, lede aquí e saberedes do seu inmenso valor.

Agora, convídovos a dar un pequeno paseo...para ir facendo boca, porque...desde o meu burato oín falar de que axiña, ao chegar a primavera, IMOS IR ALÓ todos os que neste colexio vivimos!! Así que, para irmos coñecendo o lugar que imos visitar,déixovos este enlace.

Que me decides? Gustouvos? A min... MOITO! tanto, que xa relambo os bigotes pensando na viaxe que imos facer!!

martes, 8 de febreiro de 2011

Nas mans do Avó Rato.

Nas mans do meu Avó, no vestíbulo do colexio, deixei onte este libro (con estrela verde: matem/c. naturais) que se elaborou recopilando traballos e saberes no anterior proxecto, en Infantil.

Axiña irá a lucirse nas casas dos autores, para que as familias lean, xoguen pegando e despegando e así, aprendan sobre paxaros.

Hoxe, disfrutámolo todos desde o seu lugar preferente no vestíbulo.