Estou abraiado e emocionado co que acontece aquí os venres. Cóntovos os meus pensamentos:
Resulta que estamos coñecendo grandes mulleres que existiron en tempos pasados (María Pita, María Wonenburger, Emilia Pardo Bazán...), e aquí, no cole, cada venres véñennos visítar grandes mulleres que están agora mesmo vivindo moi pertiño de nós.
Mulleres que nos cantan e nos contan, que nos fan soñar coa maxia , que descubren e estudan microbios que axudan a manter a vida no noso planeta, que nos mostran o mundo da ximnasia e a súa beleza de movementos.
Mulleres, ao fin, que fan que o mundo de todos nós, homes e mulleres, nenas e nenos, sexa un mundo mellor, con máis cancións, maxia, ciencia, deporte...
E no que todos miremos o mundo con LENTES DE COR VIOLETA
M.J. Pérez (cantautora)
Ángeles Cid (microbióloga, investigadora da Universidade da Coruña)
Fani Triana (maga)
Marta Bobo (profesora do INEF e medallista olímpica en ximnasia rítmica)
Moitísimas grazas a todas elas pola súa xenerosidade, a súa amabilidade, por contarnos a súa vida de mulleres deste tempo. Estou seguro que todos neste colexio as lembraremos con moito cariño e admiración.
E ata a proxima, que parece que aínda terei que seguir falando de máis venres en feminino.