venres, 12 de novembro de 2021

QUEN TEN CÚ, TEN MEDO!!

Hai anos, coincidindo coa chegada do outono, apañábanse as cabazas que se sementaran entre o millo. 

A rapazada que colaboraba na colleita era agasallada con algunhas destas cabazas para que tallaran nelas caveiras arrepiantes, e que as colocaran, a noite do  31 de outubro, cunha veliña dentro, nos camiños, nas fiestras das casas... co aquel de meterlle medo a toda a xente que pasase por alí.

Tallar caveiras nas cabazas é un costume galego, que no noso cole, e coa colaboración das familias que fixeron unhas caveiras espectaculares, e se expuxeron no escenario da entrada. (Moitas delas adicadas aos nosos maiores)

Moitísimas grazas a todos, e aquí tedes algunha fotografía da exposición.


E na hora do conto, algúns rapaces de 5º e 6º, representaron no guiñol o conto  "Corre, corre, cabaciña", demostrando o artistas que son.




E para artistas, pero da canción, a cativería de 1º e 2º demostraron o seu coñecemento de anatomía, nomeando os ósos do noso corpo co tema "O esqueleto" do grupo Migallas.

 


martes, 2 de novembro de 2021

VOLVEMOS COA HORA DO CONTO TODOS OS VENRES!!

Comezamos a nosa  tradición dos contos dos venres na HORA DE LER.
E, que mellor que un clásico que nos gusta a nenos e maiores?

O venres, 1 de outubro, Sheila, Diego, Ines, e Tomi como técnico de son, representaron en guiñol
unha adaptación do conto que titularon "O Rato Rosa".
Foron moi aplaudidos e quedamos con gañas de velos representar máis contos.



O seguinte venres, 8 de outubro, foi a profe Ana a que contou a versión de Kalandrada do Coelliño Branco, e ademais escoitamos "La cabra montesina", que é un conto que se escoitaba na radio na época dos avós, que é a mesma historia pero en castelán.
E o venres, 15 de outubro, lembrámosnos da Profe Marisol, que foi direcctora do colexio moitos anos.
Mandámoslle moitos bicos e escoitamos o conto "A lebre e a tartaruga", que ela escribíu e co que uns nenos que xa son maiores e marcharon para o Instituto gañaron un premio en Santiago no concurso "Tíralle da Lingua"
Con este libro aprendemos os nomes dos animais que habitan nunha fraga, e ademais, que non por moito apurar se chega sempre por diante.

E o mesmo día, os magos Diego e Inés, fixeron uns trucos de maxia que nos deixaron a todos abraiados.

E xa vos irei contando todo o que neste marabilloso e "máxico" cole vai sucedendo.
Ata a próxima amiguiños!!