Xa estamos aquí de novo, con forzas e ilusións renovadas. Vellos amigos e cariñas pequenas que esperan facer moitos amigos, aprender moitas cousas e sobre todo pasalo moi ben.
Comezamos escoitando un conto que nos fala das mentiras que nos contan os maiores para enganarnos e como lles temos que berrar "ISO É MENTIRA"
E, para rematar, debuxámonos montados no tren deste curso, que vou conducir eu, por suposto.
Boa viaxe a todos.