luns, 17 de novembro de 2014

O NOSO MAGOSTO NON É EN AGOSTO!!

O venres 14 de novembro, a chuvia deunos unha tregua e puidemos comer as deliciosas castañas que asaron para todos nós Jose e Joaquín, coa colaboración de Xeila.
Os nenos  fartáronse de comer castañas con leite, brincaron, cantaron e bailaron.
Moitas familias uníronse á nosa festa do outono. Aquí tedes algunhas imaxes.








             CANTIGA
 
Cando é tempo de asar castañas
a castañeira, a castañeira, 
trae castañas desde a montaña
e na praza vainas asar.
A camisa vaille pequena, 
a faldiña faille campá.
Os zapatos fanlle cloc-cloc
e ó bailar xira-xirará.

xoves, 6 de novembro de 2014

MEDO NO CORNIDE!!!



Celebramos no colexio Defuntos, ou Samaín, ou Halloween, como facían os nosos devanceiros.
Tallamos cabazas, fixemos unha exposición con todos os libros de medo que temos na nosa biblioteca.
Pasámolo terroríficamente ben, con Faustino que estaba de festa.
Aquí tedes as imaxes dos nosos traballos.







E para rematar, aquí tedes a montaxe horripilante, chirriante, 
abraiante, arrepiante,
 que este curso foi o telón de fondo para as nosas cabazas.
Que vostedes o sufran con moito medo....