mércores, 28 de abril de 2010
De paseo polo colexio.
Cando hoxe saín do meu burato na Biblio para dar un paseíño matutino polo colexio, vin cousas que me gustaron moito.
Entrei primeiro na aula dos maiores e atopei os ordenadores cuns fondos de pantalla, postos polos rapaces, que amosan moi ben ata que punto andan metidos no tema de Miña casiña, meu lar.
Despois vin o vestíbulo do colexio cheo de casas de todo tempo e espazo, feitas de distintos materiais, planas e tridimensionais:
. Debuxos e pinturas de casas soñadas.
. Casiñas de papel e cartón.
. Iglús, un janoko, tipis, casas tradicionais de Xapón...
Aquí deixo algunhas imaxes.
luns, 26 de abril de 2010
xoves, 22 de abril de 2010
Libros informativos.
Velaí unha selección de libros informativos que estamos a utilizar no proxecto que nos ocupa: Miña casiña, meu lar.
mércores, 7 de abril de 2010
Casas...e arte.
Talvez neste tema de Miña casiña, meu lar sería boa idea achegarnos á obra de Hundertwasser.
Propóñovos este video, que amosa algo da súa pintura e arquitectura. As imaxes van acompañadas da canción infantil I´m gonna colour a house.
Ao mellor tamén nós no colexio poderiamos colour our houses, inspirados polas súas...
martes, 6 de abril de 2010
Mateus lévanos a coñecer tres casas.
Amigas e amigos:
Seguro que en moitas casas encontraredes cousas sorprendentes. Aquí vos deixo os xoguetes que se poden ver na de Pablo Neruda.
E tamén vos recomendo este paseo pola casa de Frida Kahlo en México.
Por se non vos apetece ir tan lonxe, tamén se pode dar unha volta pola casa de Rosalía de Castro en Padrón.
De todas maneiras, hai cousas que só poderedes atopar nas vosas propias casas, con todo o que levades vivido nelas. Por iso é tan importante coidar delas, porque hai unha parte enorme de cada un de vós que as leva incorporadas dunha maneira inseparable.
Saboreade, pois, os momentos nelas pasados, porque vos transportan sempre nas ás da imaxinación e da memória cara o interior do voso corazón.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)