xoves, 24 de novembro de 2016

MAGOSTO!!

Coa imprescindible colaboración das familias, celebramos un ano máis a festa do magosto.
Comimos castañas, bebimos o leite, e despois divertímonos cuns xogos organizados e dirixidos polos nenos e nenas de 5º e 6º.
Aquí tedes as imaxes.
Graciñas a todos e bo proveito.




xoves, 17 de novembro de 2016

CHÁMOME JOSÉ CORNIDE

Aquí vos deixo traballo para roer.
 Teredes que investigar, aprender e explicar ao mundo enteiro que o ilustrado señor José Cornide sabía moito da nosa Torre de Hercules e dos nosos mares coa súa pesca.

Completade este caderniño que vos fixen e así coñeceredes moi ben á persoa que da nome ao noso colexio.
E todos estaremos aínda máis fachendosos de chamarnos así.
A toda máquina...! Tripulación aos seus postos. Moita atención ás luces do facho... Boa pesca.

luns, 14 de novembro de 2016

MERCEDES QUEIXAS NO NOSO COLEXIO.


A autora do libro "Labrego con algo de poeta", que temos na nosa biblioteca, veu ao colexio a dicirnos como foi Manuel María de neno ata se converter no grande poeta que todos queremos e admiramos.

 Mostrounos imaxes da súa nenez, xuventude e casa familiar, a súa vida con Saleta, a súa muller, as tertulias en Lugo e A Coruña. E despois contestou a todas as preguntas que a cativería quixo facer.
 E o encargado de agradecerlle  a súa colaboración foi Xosé, o seu sobriño, que así de contento lle fixo entrega dun retrato meu que un día me fixeron en Sargadelos.

AS AMIGAS QUE VIÑERON DE ALEMAÑA!

Como en cursos anteriores, viñeron pasar con nós dúas semanas un grupo de estudantes alemás. Ademáis de falar alemán, ensináronnos a música doutros idiomas que tiñan nas súas familias e saudaron falando turco, ruso, polaco e tailandés.

Aquilo parecía a Torre de Babel.
Axudáron a tallar cabazas para o samaín.
E contáronnos o conto "El Grúfalo" en alemán, mentres a profe Ana nolo contaba en castelán. 

Volvede axiña, amigas alemás!!

mércores, 9 de novembro de 2016

martes, 4 de outubro de 2016

BENVIDOS A TODA A FAMILIA DO CORNIDE!

Eu ben vos vin!! Non pensedes que aínda estou de vacacións, e vexo que chegades con moita enerxía, con moitas gañas de divertirvos e aprender, xogar e disfrutar de todos os contos e historias que vos traio das miñas exóticas viaxes.


Vin cariñas novas, novas profes  e vellos profes, e sempre ao noso Jose.
Retomamos os costumes de ir buscar libros á biblioteca do barrio e as nosas actuacións dos venres.

Benvidos a todos, especialmente á Profe Marisol, que xa a botábamos todos de menos.


Aquí tedes un video da última actuación do venres pasado. Un conto moi cochino que a todos nos encanta contar e cantar. 
Ata a próxima.
 


xoves, 23 de xuño de 2016

luns, 30 de maio de 2016

NÓS COLABORAMOS COA "EDAR"

 Pica neste enlace e verás a actividade que tivemos o venres pasado na que aprendemos a coidar e respectar mellor o noso medio ambiente.
http://bit.ly/22tOmMW

venres, 29 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

O venres 22 de abril, víspera do día do libro, os nenos de terceiro ciclo homenaxearon dun xeito especial ao cabaleiro da triste figura.
Aquí tedes o que aconteceu no escenario cos nosos estupendos artistas.

martes, 12 de abril de 2016

UN CONTO AO REVÉS

O noso compañeiro o profe Marcos, e o seu alter ego, Richi o grande músico, colaboraron con FRAN AMIL nun libro musical co título UN CONTO AO REVÉS.
O venres pasado, estes dous artistas, viñeron ao cole para presentarnos o conto e cantarnos e contarnos cousas deste libro.
Pasámolo en grande, moitas grazas aos dous.



xoves, 10 de marzo de 2016

AMIGUIÑOS SI...ABUSÓNS NON!

Os artistas deste colexio fixeron unha "performance" que me deu moito que pensar, palabra de Rato.
Explicáronnos a todos que hai varias formas de acoso escolar, vellas e novas maneiras de facer dano aos compañeiros e que sempre temos que loitar contra elas.
Para que o entendéramos mellor, representaron situacións que poden ocorrer e como podemos facer para que nunca o suframos nin permitamos que outros o sufran.
Mirade ben o vídeo, e poñédevos na pel e nos zapatos dos protagonistas destas historias.


Os meus parabens aos que levaron a cabo esta lección-actuación. Heilles de contar aos meus colegas ratos de biblioteca que no meu cole os nenos saben defenderse e defender aos seus amigos, que iso é tan importante como as demáis cousas que se aprenden aquí.
E marcho cantando o himno dos pequeniños:
Amiguiños si, peleóns non.

NOVO CADERNIÑO...VELLOS OFICIOS!











O curso segue o seu devenir e os peques xa están co segundo tema no que
van traballar.Esta vez vai ser o mundo dos oficios, e en especial mergullaránse cos oficios tradicionais, aqueles que pouco a pouco van desaparecendo, e que son parte da nosa memoria histórica.
Aquí tedes o caderniño que servirá de base para as súas investigacións.
E xa sabedes:
 Zapateiro... aos teus zapatos

venres, 12 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

Graciñas a toda a comunidade educativa, familias, servizo de comedor...incluso ao tempo atmosférico que colaboraron para que neste entroido todo fora unha festa.


martes, 2 de febreiro de 2016

AMIGUIÑOS SI, PELEÓNS NON... DÍA DA PAZ.

Esta foi a nosa maneira de lembrar a falta que nos fai que haxa paz no mundo e a sorte que temos de vivir en casiñas quentes, coa nosa familia, e os nosos amigos.
Comezaron os pequenos de 3 e 4 anos cunha versión da Tarara que contaba que no cole teñen un montón de amigos. Todos estivemos dacordo con eles e cantamos tamén "Amiguitos si, peleones no"
A continuación veu o novo grupo rapeiro, cun grande éxito internacional titulado "La blanca paloma" que proximamente será escollida como himno de apertura das sesións da ONU.
Logo, a rapazada de 1º e 2º contou unha historia que nos aconsellaba non deixar sitio aos abusóns nos colexios e que todos podemos xuntos acabar con eles,

Os nosos poetas de 3º e 4º compuxeron poemas para que todo o mundo saiba que...
Queremos facer as paces 
con todos os rapaces.
 
Para rematar, os de 5º e 6º, interpretaron, con percusión de bolígrafos, o noso clásico e popular tema
Soio con tres letras
tres letras nada máis,
escríbese a palabra PAZ 
 

luns, 11 de xaneiro de 2016

FESTA MAMÁ ÁFRICA! HAKUNA MATATA!

Desfrutade dos artistas do José Cornide