venres, 26 de maio de 2023

CONTO EN INGLÉS: CLUCK-A DOODLE DOOOO!


 

As nenas e os nenos de 3º e 4º demostraron o seu dominio do idioma inglés contándonos este conto dunha galiña que quería cantar como un galo.

Coa axuda da nosa auxiliar de conversa, Velika, que chegou de Australia , fixeron unha actuación magnífica





Esperamos a Velika, o curso que ven, cos brazos abertos!!


martes, 25 de abril de 2023

TEDES CARA DE LIBRO!!! 23 DE ABRIL NO CORNIDE

Este ano, para celebrar o DÍA DO LIBRO, fixemos un BOOKFACE, que non é o mesmo que un facebook!

A rapazada do cole, e tamén o profesorado, escolleron un libro e fixeron unha foto para facer unha montaxe simpática e dar publicidade a moitos llibros moi chulos que temos na nosa biblio.

Adiviña, adiviñanza, quen se agocha detrás ?

 




luns, 17 de abril de 2023

¡ EL GALLO KIRIKO!

 Un dos meus contos favoritos!!!

EL GALLO KIRIKO


Este conto era un dos que a profe Ana escoitaba na radio cando era moi pequena, e a profe María de educación física pedíalle á súa mamá que lle contara unha e mil veces!!

Pois os profes Quique, Carlos, Patricia, Ledicia, Jessica, Aida e María representaron no escenario este conto que nos fixo gozar a todos moitísimo.

Que bos actores!! 

Que bos disfraces!!

Aquí tedes unhas fotos que demostran o ben que o fixeron e canto nos rimos todos!!


A narradora e Gusanito



O galo Kiriko, a choiva, o lume, o pau, a cabra e a leituga




A profe Ana, con moita emoción, facendo de narradora




Agardamos que despois deste gran éxito, haxa máis representacions dos profes no escenario.






venres, 24 de febreiro de 2023

O TENDAL DE ROSALÍA!

 O día 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA!!



 Rosalía é unha muller que representa a nosa terrra, Galicia, os nosos sentimentos, paixases, inquedanzas, festas...


Cantarte hei, Galicia,

teus dulces cantares, 

que así mo pediron

na beira do mare.


Por iso, o alumnado deste cole, quixo facerlle unha homenaxe sacando os seus poemas ao aire, para que voen por riba das cabezas das xentes que a queren, e prenderon os seus poemas nun tendal.

E aquí podedes ver aos pÍcaros colocando os poemas escollidos no tendal da entrada do cole.







MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA ROSALÍA

venres, 13 de xaneiro de 2023

AMORES DE GATO E RATO!!

 Este é un libro de amores imposibles!



A profe Ana contounos este conto rimado, moi gracioso, en que un gato parvo  quere namorar e papar a un rato moi pillabán, e as cousas non lle saen  como esperaba:


E nunca máis tivo a tentación 

de cazar un rato finxíndolle amor.