A semana pasada,o luns, estaba eu no meu agocho mentres os nenos aprendían tranquilos.
Era un día como outro calquera de clase, eu buscando libros de mascotas, e pensando que as mellores mascotas do mundo son os ratos de biblioteca coma min!
Nesto que escoito unha música como de paxariños nun xardín, me asomo ao recibidor do cole, e vexo a dúas chicas moi guapas que estaban tocando a frauta traveseira.
Quedei abraiado!!
Inés e Elena explicáronnos as partes da frauta e tocaron un minueto de Beethoven.
Saquei estas fotos para que vexades o atentos que estabamos todos.
Volvede axiña, por favor, porque quedamos con gañas de moita máis música e vervos tocar de novo.
Moitas grazas!!
1 comentario:
Se nota que les gustó mucho, están súper atentos.
Publicar un comentario