Foi unha xornada de festa para todos. Jose e algúns profes traballaron arreo para asar unhas deliciosas castañas. Os pícaros xa estiveran preparando os recipientes para levar as castañas e non tirar as cascas ao chan. Había cada un máis bonito...!!
Así que, despois do recreo, xuntámosnos todos no vestíbulo do cole, e alí houbo cantigas, poemas, refráns... para que todas as familias coñeceran moito máis dos magostos.
Despois de encher o bandullo de castañas e leite, os rapaces e rapazas maiores do cole, organizaron no patio un monton de xogos e, cada vez que o profe Marcos tocaba o tambor, todos cambiabamos e tiñamos que adiviñar onde está a castaña, ou tirar a castaña na boca da ra, ou unha carreira de castañas na culler, castaña branca-castaña moura...
Polo tanto, co ben que o pasamos, pedimos:
OUTRO MAGOSTO
PARA O MES DE AGOSTO!!!