O venres 7 de febreiro, os nosos bos amigos de Kalandraka, Patri e Alex, viñeron ao cole coa súa maleta chea de misterios e o seu acordeón.
Enriba do escenario puxeron un un lote dos nosos libros favoritos e algún novo.
Coa súa forma tan divertida de contalos e de facernos cantar a todos, pasamos un rato con mamás, bufos, monstros e nunha cacería de osos, que non rematou como esperábamos.
O éxito foi total e agora os nenos teñen aínda máis interese en coller estes libros da nosa biblioteca.
Agardamos que volvades axiña con novas ou vellas historias.
Moitas grazas!!