Volvemos, coma todos os anos, á nosa biblioteca preferida , á biblioteca do barrio, á biblioteca da Sagrada Familia, onde temos moitos amigos e amigas e sempre nos preparan actividades moi, moi divertidas.
Ademáis, a nosa biblio xa está organizada coma as bibliotecas municipais de Coruña, e alí practicamos como buscar información e lecturas interesantes en todas elas.
As bibliotecarias fixeron con todos os grupos unha sesión de animación á lectura e ademáis moitos consellos de FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECAS.
Canto aprendemos!!
Que divertido é visitar as bibliotecas!
Vivan todos os RATOS E TRASNOS que viven e traballan cos libros!!