mércores, 29 de febreiro de 2012
luns, 6 de febreiro de 2012
UN CONTO CHINO
O venres 3 de febreiro celebramos o ano novo chinés ao grande:
Escoitamos unha lenda na que se fala dos animais que forman o horóscopo chino, e especialmente a historia do nacemento do dragón (龙 ), porque este é o seu ano.
Os ratos de biblioteca temos familia por todo o mundo, así que un primo meu que vive na China, conseguíunos unha contadora de contos daquel país, 吴桂凤, que coas nosas letras escríbese
Wu GuiFeng
Marisol e 吴桂凤 léronnos en chino e en galego mentres víamos as fermosas ilustración que acompañan o texto.
非常感谢 (moitas grazas)
OLÍMPICAMENTE...OLÍMPICA...MENTE...UNHA MENTE OLÍMPICA.
Nesta escola facemos as cousas olímpicamente. Non pasando, senon traballando, investigando, aprendendo... Así que vos propoño conseguir a medalla olímpica do coñecemento. Aquí tedes un proxecto que vos fará sentir coma os antigos gregos e disfrutaredes do que significa o espirito olímpico, e, por suposto e coma sempre O IMPORTANTE É PARTICIPAR.
Lede con atención o que aquí vos deixo:
Lede con atención o que aquí vos deixo:
mércores, 1 de febreiro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)