O xoves 26 os nenos e nenas do primeiro ciclo foron camiñando alegremente, disfrutando do tempo e coñecendo o seu barrio (o centro de saúde, o parque de Vioño, algunhas industrias moi coñecidas...), ata chegar á nosa biblioteca favorita, despois da nosa claro!
Ao chegaren á biblioteca, escolleron os libros para a "hora de ler" que terán que coidar e compartir durante este mes. Ademáis, Emma, a bibliotecaria, leulles un conto moi chulo "La gran fábrica de las palabras".
As profes quedaron moi contentas do comportamento dos nenos, así que volveremos todos o mes que ven.
Eu (Rato), fun agochado nunha das mochilas, para que non me viran, e saquei estas fotos que agora todos podedes ver:
luns, 30 de setembro de 2013
domingo, 29 de setembro de 2013
VISITA DE BEATRIZ MACEDA E LAURA VELEIRO, AUTORAS DE "MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE"
Este venres 27 de setembro pasaron por aquí as dúas autoras do libro Man, o alemán de Camelle: a escritora Beatriz Maceda Abeleira e a ilustradora Laura Veleiro. Ben, realmente, no caso de Beatriz, o máis correcto é dicir que volveu por esta casa súa, porque seguro que moitas e moitos de vós a lembrades cando fora profe de inglés hai uns anos.
As dúas falaron sobre o mítico Man (ou Manfred Gnädinger, que era o seu nome real), que residiu durante 40 anos na praia de Camelle, polas terras de Camariñas.
Contounos a historia da súa vida, de como chegou alí en maio de 1961, e de como ficou entre nós creando un auténtico museo ao aire libre onde, coas pedras e outros elementos que chegaban á praia, foi construindo o seu soño en forma de esculturas e outras formas artísticas.
Foi un heroe para Beatriz, e, desde logo, quedamos coa impresión de que non só o foi para ela...
Mentres as súas palabras ían chegando como unha brisa do mar, Laura ensinounos as ilustracións que fixo para o libro, e, ao final, contounos como levou adiante o seu traballo para esta obra.
Este trasno que escribe estas liñas, empoleirado sobre o proxector, disfrutou ben da súa visita, e quedou con gañas de saber máis de Manfred, un alemán ben galego!!
Aquí quedan algunhas fotos, e, desde logo, os meus parabéns para Beatriz e Laura!!!
E como había dúas persoas con moita sensibilidade para a ilustración, aquí quedan as súas obras (parabéns, Jose e Laura, e moitísimas grazas pola vosa humildade e a grande capacidade para crear que tendes!!)
mércores, 18 de setembro de 2013
NOVO CURSO... NOVA TRAVESÍA
Xa comezou o novo curso! E xa estamos todos aquí, os peques, que cada vez son máis grandes, os novos pequerrechos que estrean o cole, novos profes ,os vellos profes de sempre...
desde o meu curruncho vexo toda a actividade destes primeiros días.
A primeira actividade foi un mural no que todos os nenos se debuxaron, dun xeito que tivera relación coa auga.
Tamén tivemos a primeira lectura dun conto, coa que aprendimos o que é ser amigos.
E os nenos de segundo ciclo nos fixeron a representación da fábula da lebre e a tartaruga, que tanto éxito tivo o curso pasado.
Xa vedes que o novo curso está en marcha, a maquinaria comeza a carburar, a travesía se inicia con toda a tripulación preparada, e eu cavilando cantas viaxes máxicas nos agardan.
Tripulación aos seus postos!
A toda vela!
A primeira actividade foi un mural no que todos os nenos se debuxaron, dun xeito que tivera relación coa auga.
Tamén tivemos a primeira lectura dun conto, coa que aprendimos o que é ser amigos.
E os nenos de segundo ciclo nos fixeron a representación da fábula da lebre e a tartaruga, que tanto éxito tivo o curso pasado.
Xa vedes que o novo curso está en marcha, a maquinaria comeza a carburar, a travesía se inicia con toda a tripulación preparada, e eu cavilando cantas viaxes máxicas nos agardan.
Tripulación aos seus postos!
A toda vela!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)