Hai anos, coincidindo coa chegada do outono, apañábanse as cabazas que se sementaran entre o millo.
A rapazada que colaboraba na colleita era agasallada con algunhas destas cabazas para que tallaran nelas caveiras arrepiantes, e que as colocaran, a noite do 31 de outubro, cunha veliña dentro, nos camiños, nas fiestras das casas... co aquel de meterlle medo a toda a xente que pasase por alí.
Tallar caveiras nas cabazas é un costume galego, que no noso cole, e coa colaboración das familias que fixeron unhas caveiras espectaculares, e se expuxeron no escenario da entrada. (Moitas delas adicadas aos nosos maiores)
Moitísimas grazas a todos, e aquí tedes algunha fotografía da exposición.
E na hora do conto, algúns rapaces de 5º e 6º, representaron no guiñol o conto "Corre, corre, cabaciña", demostrando o artistas que son.
E para artistas, pero da canción, a cativería de 1º e 2º demostraron o seu coñecemento de anatomía, nomeando os ósos do noso corpo co tema "O esqueleto" do grupo Migallas.