xoves, 26 de novembro de 2009

Aprendendo a ver... sen ollos.


Na nosa biblio temos este fermoso libro.
Hai xa algún tempo publicamos neste blog un traballo que os rapaces do terceiro ciclo fixeran a partir del.

Neste trimestre témolo de novo moi presente, pois garda relación co tema no que andamos a traballar.

Hoxe propóñovos disfrutalo doutro xeito. Queredes? PICADE AQUÍ.

martes, 24 de novembro de 2009

Coa colaboración das familias.

Coa colaboración das familias é moito o que estamos a aprender neste tema de Xentes como folerpas.
Tivemos primeiro a Fernando e Isa, que desde o seu traballo na rama sanitaria, enriqueceron os nosos coñecementos sobre o corpo humano e a saúde e o pasado venres disfrutamos de outra actividade, nesta ocasión cun enfoque social, da man da nai de Alba, Isabel, e a súa compañeira Patricia.

Elas son coidadoras no centro Santiago Apóstol e achegáronnos ao día a día das persoas que nel viven. Con elas soubemos de grúas e pañais, de como axudar a vestir a quen sofre unha parálese... e, sobre todo, de como vivir un traballo con respecto e sensibilidade.
Coñecimos tamén a experiencia do Clube de ximnasia rítmica Santiago Apostol, polo que queremos felicitar a Maribel Dapena e Julia González.

A todas elas, moitas GRAZAS. É estupendo contar na escola con fontes informativas que forman parte dela!





martes, 17 de novembro de 2009

Autismo ...e contos.


Queredes ver e escoitar O submarino das tres cores ou El barquito de papel?
AQUÍ e AQUÍ tedes os enlaces a contos nun sistema alternativo de comunicación.
Unha aposta máis para que ningún neno medre sen contos!

Noraboa polo blog HABLAPORMIDICEIAGO

martes, 10 de novembro de 2009

Ponte no seu corpo.

Ponte no seu corpo foi o nome que lle puxemos á actividade que onte vivimos no colexio:
Algunhas alumnas do ciclo de Atención socio-sanitaria do Instituto Anxel Casal, deseñaron e executaron para nós, xogos de sensibilización nos que tentemos poñernos no corpo de persoas que viven cunha discapacidade.
Camiñamos cegos, movímonos en silla de rodas ou con andadores, manexamos cubertos e vaixelas especiais...

Aprendimos cousas moi interesantes, vivíndoas e sentíndoas.
MOITAS GRAZAS a todas (alumnas e profes)








xoves, 5 de novembro de 2009

Nova adiviña do Mateus.


Amigas e amigos:
A vosa sabedoría (ainda que xa estaba ben avisado do ano pasado) segue a me sorprender. En fin, alégrome de que xunto ao coñecemento do voso corpo tamén exerzades a perspicacia e lle doedes á vosa intelixencia e imaxinación o privilexiado lugar que lle debe corresponder no voso ser (non creades que nos adultos iso ocorre habitualmente…).
Bon, a ver que tal se vos dá agora, con esta outra adiviña:
¿Sabedes o que nunca se pode tocar coa man esquerda?