A semana pasada, os nenos de 1ºciclo fixeron unha visita moi divertida aos nosos veciños do Museo de Arte Contemporáneo (M.a.c).
O primeiro foi coñecer unhas esculturas de madeira de artistas galegos, que nos deron moito que pensar, discurrir, imaxinar...
como todas as boas obras de arte.
Despois, vimos tamen outro tipo de arte, feito con proxeccións na parede, da que os nenos podían formar parte coas sombras dos seus corpos.
E aproveitamos para facer nós o noso xogo de sombras.
Os nenos, nenas e profesoras fixemos dous equipos, e turnámonos para facer de público e de intérpretes. Traballamos con siluetas recortadas en cartón e manexámolas cuns pauciños. E narramos con sombras, a historia dos salmóns cando volven ao río onde naceron e todos os perigos aos que se enfrontan.
Se queredes ver moitas actividades incribles que se fan con sombras, picade
aquí.