Os nenos e nenas do terceiro ciclo asistiron a un Pleno Infantil conmemorativo, xa que este ano se cumple o 24 aniversario da Convención sobre os Dereitos do neno: o 20 de novembro de1989.
Participaron un total de 45 alumnos e alumnas de varios colexios da cidade.O obxectivo era dar voz aos nenos para que puideran aportar a súa visión de como os dereitos do neno se ven reflectidos na súa vida diaria e comparala coa situación dos nenos doutros lugares do mundo.
A este colexio tocoulle traballar sobre o dereito á saúde, e tiveron que presentar unha reflexión, dúas propostas de mellora e dúas preguntas que prepararon todos xuntos na clase.
Foi unha experiencia moi interesante coñecer onde se xestionan os asuntos da cidade que a todos nos importan.