venres, 31 de xaneiro de 2020

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ


Ola amigos e amigas!!
Mirade que ben o pasamos onte celebrando o Día da Paz.
Cada un fixo o seu cartel da Paz e entre todos e todas construímos o símbolo humano da PAZ no patio cuberto, e.....
ATENTOS!!!! porque o luns continuaremos facendo unha cadea humana no Paseo Marítimo xunto con outros colexios da cidade, ao berro de:
XUNTOS POLA PAZ E A DIVERSIDADE!!




martes, 21 de xaneiro de 2020

XA TEMOS MASCOTA !!!!




Que ben o fixestes amigos/as!!!!! 

Bravoo!!!

Noraboa polos vosos debuxos, son todos magníficos.

Parece que a decisión foi difícil pero ao final o xurado conseguiu elixir estes 5 finalistas.



Xa vin que tivestes que votar entre todos/as. E despois do reconto de votos, o resultado foi......


  
 HERCULINA!!!!


¡¡¡ CONCURSO MASCOTA ACTIVA !!!






Ola a todos e a todas!

Entereime de que este curso 2019-2020 comezamos no noso cole co Proxecto Deportivo de Centro. Unha das primeiras actividades que imos a facer é este Concurso da Mascota Activa.

Preciso que me axudedes a buscar un/ha amigo/a que sexa deportista, que me axude a moverme máis, a facer máis actividade física xa que o meu corpo necesita moverse máis.

Estou todo o día entre os libros e necesito facer algo máis activo e non ter unha vida tan sedentaria!!!!

Inventa unha mascota e elexiremos a que máis nos guste entre todos.