Como todos os anos fomos de visita á Biblioteca Municipal da Sagrada Familia.
Alí, as nosas amigas Merce e Emma (e os seus compañeiros) contáronnos moitas cousas sobre os contos. Sempre aprendemos moito delas!!!
Como todos os anos fomos de visita á Biblioteca Municipal da Sagrada Familia.
Alí, as nosas amigas Merce e Emma (e os seus compañeiros) contáronnos moitas cousas sobre os contos. Sempre aprendemos moito delas!!!
O día 28 de outubro celebramos o Samaín no colexio!
Para seguir as nosas tradicións, os nenos trouxeron cabazas baleiradas e decoradas, axudados polas súas familias.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración, porque estaban todas espectacularmente feitas!
Mirade ben este debuxo!
O outro venres, 15 de outubro, a cativería de 3º e 4 "RAPEOU " para todos nós un conto moi divertido.
Nesa cidade imaxinaria, comezaron a medrar cucurbitaceas ( a buscar esta palabra no diccionario!), e a xente decidíu fabricar vehículos moito máis ecolóxicos.
Nestas fotos que fixen podedes ver canto ritmo teñen os rapaces e rapazas de 3º e 4º que foron a envexa de tódolos rapeiros do mundo enteiro.
A semana pasada,o luns, estaba eu no meu agocho mentres os nenos aprendían tranquilos.
Era un día como outro calquera de clase, eu buscando libros de mascotas, e pensando que as mellores mascotas do mundo son os ratos de biblioteca coma min!
Nesto que escoito unha música como de paxariños nun xardín, me asomo ao recibidor do cole, e vexo a dúas chicas moi guapas que estaban tocando a frauta traveseira.
Quedei abraiado!!
Inés e Elena explicáronnos as partes da frauta e tocaron un minueto de Beethoven.
Saquei estas fotos para que vexades o atentos que estabamos todos.
Volvede axiña, por favor, porque quedamos con gañas de moita máis música e vervos tocar de novo.
Moitas grazas!!
Estou encantado co comezo deste curso 22-23!!
Chegaron un lote de nenos e nenas moi contistas, e moi ilusionados en participar nos contos dos venres.
Desde o meu agocho polas paredes do colexio fixen fotos e aquí tedes as súas marabillosas actuacións e tamén tedes os libros da nosa biblioteca para que volvades a lelos nas vosas casas.
Venres, 9 de setembro
E un daqueles grupos regalounos o libro xigante feito por eles na clase de plástica, que usamos para lembrar esta historia tan surrealista .
E a profe Ana e os seus alumnos de 1º e 2º fixéronnos voar con "El pájaro Federico"
Venres,16 de setembro
"Orellas de bolboreta" é outro libro que tamén nos gusta moito, porque nos fala de non facer caso das tonterías e estar moi contentos co que somos (altos, baixos, fracos, gordos...)
E a profe Ana cos todos os nenos e nenas da clase contáronnos o conto
Venres, 23 de setembro
"Todos menos uno" conta a historia dun chícharo que quería ser diferente aos outros chícharos e envidiaba a outros seres da natureza...
Os nenos e nenas de 3º e 4º fixeron unha representación maxistral.
Isto é todo polo de agora!!
Ata a próxima!!