luns, 30 de marzo de 2020

XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES!!


Ola amiguiños e amiguiñas!
Mirade que fotos e que frases tan bonitas mandaron todas as persoas que traballan no noso colexio.
Están todos e todas, ata están algúns da miña familia!!!
Queremos mandarvos moitos ánimos e moita forza para loitar todos xuntos contra o CORONAVIRUS.

E lembra .... #quedanacasa




xoves, 26 de marzo de 2020

XOGO XAQUE AO VIRUS


O luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-line "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAs

    É unha proposta para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte non Centro", "Lecer Educativo-POE-" e "Luditarde", para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

    O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

    - Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.


    - Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

    Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 h.  DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

    É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico do blog do teu colexio.


A QUÉ ESPERAS?!!!

LEMBRA que podes animar aos teus compañeiros e compañeiras do cole a participar no xogo, non só os que van a actividades. Cantos máis sexades mellor e máis puntuación para o teu cole.


mércores, 25 de marzo de 2020

INFORMACIÓN COVID19



Ola amiguiños e amiguiñas!!

Canto tempo sen vervos e escoitarvos aquí no cole. Estou un pouquiño triste ao non poder ver todas as actividades tan bonitas que facedes no cole. Seguro que estes días nas vosas casas tamén estades facendo cousas moi chulas e aprendendo moito.

Vou a poñer por aquí algunha información, que me din os profes, que é moi importante en relación ao Coronavirus.
Espero volver a vervos pronto por aquí pero, de momento, o máis importante é coidarse e recordar:

ÁNIMO!!!!

#euquedonacasa

#yomequedoencasa


ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS



GUÍA PARA AS FAMILIAS





LAVAR AS MANS





CONTO: MISIÓN QUEDARSE NA CASA


luns, 2 de marzo de 2020