martes, 20 de novembro de 2018

CELEBRÁMOLO MAGOSTO!


O venres fixo un día estupendo e aproveitamos para festexar o outono e un dos seus froitos estrela, a castaña!
Ademáis de comer (moitas) castañas asadas, grazas á colaboración das familias e de Jose, as nenas e os nenos de 5º e 6º de EP organizaron uns xogos moi chulos.
Eu saín da biblio e tamén comín, xoguei e ata saquei unhas fotiños para que vexades como desfrutamos!
Pasámolo moooi ben!!








mércores, 7 de novembro de 2018

SAMAÍN!!!

E Faustino tamén gravou co seu ollo-cámara o seu día favorito. A véspera de Todos os Santos.
O Samaín no colexio celebrouse con arrepíos, medos, escalofríos... como ten que ser!
Os nenos e profes de 3º e 4º contaronnos a historia inventada por unha muller un verán que non houbo verán. A historia do monstro do profesor FRANKENSTEIN.
Despois proxectaron a película favorita destas datas para divertirse pasando un pouco de medo.
Pois como di Faustino, "Quen ten cu, ten medo"
E para rematar, cantamos a canción das tumbas.
Ata a próxima.

martes, 6 de novembro de 2018

XA TODOS DE VOLTA!

Perdoade a miña ausencia, pero é que andiven "Facendo as Américas", coñecendo outros ratiños doutro continente que teñen moito, moito que mostrarnos. Xa vos irei contando ao longo do curso...
Como sabía que a miña viaxe ía para tempo, deixei encargado ao meu amigo "Faustino Donoso" que me contara todo o que no cole sucedía, así que puxo unha cámara nun ollo e gravoume esta película.
Así poderedes ver coma mín :
Os amigos alemáns que nos visitan todos os anos, a entrega dos carnés da biblio aos nenos novos, os contos e escenificacións dos venres, as profesoras de prácticas que tanto colaboran, os nenos facendo as cabazas e os colares de zonchos e as cariñas ledas de todos e todas medrando e aprendendo felices.
Pronto teredes novas miñas e ata entón, divertídevos moito.