Pasa Páxina
Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña
venres, 4 de marzo de 2022
venres, 12 de novembro de 2021
QUEN TEN CÚ, TEN MEDO!!
Hai anos, coincidindo coa chegada do outono, apañábanse as cabazas que se sementaran entre o millo.
A rapazada que colaboraba na colleita era agasallada con algunhas destas cabazas para que tallaran nelas caveiras arrepiantes, e que as colocaran, a noite do 31 de outubro, cunha veliña dentro, nos camiños, nas fiestras das casas... co aquel de meterlle medo a toda a xente que pasase por alí.
Tallar caveiras nas cabazas é un costume galego, que no noso cole, e coa colaboración das familias que fixeron unhas caveiras espectaculares, e se expuxeron no escenario da entrada. (Moitas delas adicadas aos nosos maiores)
Moitísimas grazas a todos, e aquí tedes algunha fotografía da exposición.
E na hora do conto, algúns rapaces de 5º e 6º, representaron no guiñol o conto "Corre, corre, cabaciña", demostrando o artistas que son.
E para artistas, pero da canción, a cativería de 1º e 2º demostraron o seu coñecemento de anatomía, nomeando os ósos do noso corpo co tema "O esqueleto" do grupo Migallas.
martes, 2 de novembro de 2021
VOLVEMOS COA HORA DO CONTO TODOS OS VENRES!!
O venres, 1 de outubro, Sheila, Diego, Ines, e Tomi como técnico de son, representaron en guiñol
O seguinte venres, 8 de outubro, foi a profe Ana a que contou a versión de Kalandrada do Coelliño Branco, e ademais escoitamos "La cabra montesina", que é un conto que se escoitaba na radio na época dos avós, que é a mesma historia pero en castelán.
E o venres, 15 de outubro, lembrámosnos da Profe Marisol, que foi direcctora do colexio moitos anos.
E o mesmo día, os magos Diego e Inés, fixeron uns trucos de maxia que nos deixaron a todos abraiados.
E xa vos irei contando todo o que neste marabilloso e "máxico" cole vai sucedendo.
luns, 25 de outubro de 2021
QUE BEN O PASEI COA CARREIRA ENKI!!
O venres 22 de outubro, ben agachadiño para que ninguén me vira, espiei a todos os picariños e picariñas do colexio, e farteime de rir!!
O día foi estupendo e os nenos pasaron uns momentos ben divertidos, e ademais axudaron nunha boa causa.
O ano que ven hai que repetilo!
venres, 22 de outubro de 2021
xoves, 16 de setembro de 2021
BENVIDOS AO COLE!!
OLA!! Eu son RATO, o voso amigo que vive na bibioteca.
Que contento estou!!venres, 21 de maio de 2021
MAIO DE FLORES E LETRAS
Neste maio de flores e letras celebramos a nosa lingua dunha maneira moi alegre!!
Fixemos entre todos un maio con herbas e flores traidas das nosas aldeas e fincas e, para seguir a tradición, cantamos cantigas populares e poemas de Manuel María e outros ao seu redor.
E para a celebrar o 17 de maio, xuntámonos no patio e cantamos e recitamos nesta fermosa lingua que como un tesouro nos deixaron os nosos maiores.
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO!!
A rapazada de 5º e 6º cantou a cantiga LINGUA GUAPA (letra de Fina Casalderrey e música de Nestor Blanco)
A cativería de 3º e 4º cantaron a cantiga popular UNHA VELLA TIÑA UN CAN...
Os pícaros de 2º cantaron a canción O BURRIÑO (letra de Manuel María e música de Suso Vaamonde)
Os pequerrechos de 1º cantaron MIÑA ABUELA MANUELA (do grupo Migallas)
Os meniños de 4 e 5 anos, ensinaron a todo o mundo os traballos que hai que facer, se pan de millo queres comer (do grupo Migallas)
E recitaron o poema A POMBIÑA BRANCA de Gloria Sánchez