luns, 13 de novembro de 2023

Unha viaxe estelar

 Neste cole recibimos moitas visitas e no referente ás viaxes non nos poñemos límites. Neste caso acadamos un novo record saíndo do planeta Terra e descubrindo todo o sistema solar en inglés, nunha divertida representación que nos deixou abraiados.





Unha visita moi especial

Xa chegamos a Cuba e que mellor guía para coñecer este país que a familia de Valentina que decidiu agasallarnos cunha presentación moi especial do seu país natal e incluso demostrándonos as suas dotes para o baile.

Os nenos de 5º e 6º leron uns versos de José Martí e a nosa querida Ana dinamizou a presentación deste país ó que tanto cariño lle ten.

Incluso Faustino vestiuse para a ocasión.





venres, 3 de novembro de 2023

Unha xornada terrorífica

 Bo día amiguiños e amiguiñas... espero que vos guste a miña sorpresa.

 O samaín é unha das miñas festas favoritas como xa sabedes e encantoume vervos a todos e a todas disfrutando dese corto terrorífico que fixemos con tanto cariño e esmero o meu mítico amigo Jose e mais eu.

E así todo o barrio descubrirá que os máis monstros de todos os monstros do mundo mundial son os pícaros e pícaras do José Cornide!!



A continuación déixovos  unhas fotiños para que poidades disfrutalas na casa. Noraboa tamén os gañadores do concurso de cabazas, estaban de medo!!


Vémonos pronto nunha nova aventura, ide preparando as maletas con destino a...............