O día 28 de outubro celebramos o Samaín no colexio!
Para seguir as nosas tradicións, os nenos trouxeron cabazas baleiradas e decoradas, axudados polas súas familias.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración, porque estaban todas espectacularmente feitas!

E para crear aínda máis ambiente, viñemos todos disfrazados cos traxes máis terroríficos que poidemos atopar, ata Faustino puxo as súas mellores galas!
E tamén houbo premios!
E ademáis, cada clase leu para todos nós, os arrepiantes relatos que inventaron e que nos puxeron os pelos de punta.
E aquí tedes o video, que con moito arrepío fixemos Jose e máis eu, porque descubrimos que o noso cole está cheo de esqueletos, pantasmas, zombis, vampiros...