luns, 25 de maio de 2015
xoves, 21 de maio de 2015
martes, 12 de maio de 2015
ENTRE CORES, RECENDOS E RECHOUCHÍOS!
Xa estamos metidos de cheo no tema, coas mans na terra e disfrutando de contos, poemas e leccións.
Tratamos de coñecer non só as prantas, senon de estudar insectos, paxaros, e seres vivos que habitan nos xardíns. Falar do importantes que son para a vida da xente, dos nosos avós, dos nenos que alí xogan e se relacionan.
Estudaremos algo máis dos xardín da cidade de A Coruña e aprenderemos a valorar os elementos que os decoran, as estatuas, as fontes,os bancos e as moitas actividades que alí desenvolvemos, os deportes, os xogos, os paseos dos namorados...
Temos, coma sempre, un caderniño no que iremos poñendo todo o que investigamos e aprendemos.
Ademáis, no pequeno espazo que foi a nosa horta, estamos organizando un pequeno xardín con prantas e flores.
Aquí tedes as imaxes que demostran o bos xardiñeiros que somos.
Ata pronto. Un saúdo cheo de aromas!!

martes, 5 de maio de 2015
TÍRALLE DA LINGUA 2.015
Como podedes ver no cartel, o noso colexio participou de novo no concurso "Tíralle da lingua" en Santiago de Compostela. Foron os rapaces do 3º ciclo cun conto que lles gusta moito desde pequeniños e que eles adaptaron: Non é unha caixa.
Xa sabemos todos que o importante é participar, e que os de Carballo sempre nos levan a dianteira nesto do idioma, pero fixérono moi ben a pesares dalgún problema técnico sen importancia.
Mirade aquí o resultado:
Foi un día colosal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)