martes, 29 de abril de 2008

Que chova, que chova!!

Non nos importa: QUE CHOVA NA ESCOLA!!
Temos un paraugas moi especial. Por agora está en mans do Avó Rato e, ademais de ser un bo refuxio para a auga, permite soñar e aprender.


Nós mirámolo atentamente e localizamos nel moitas constelacións das que coñecemos.
Gustaríanos que o Rato felicitase a quen o imaxinou e fabricou.
Pode haber mellor xeito de aprender as estrelas, que levando a bóveda celestial collidiña coas mans?

xoves, 17 de abril de 2008

Queres ter unha constelación?

É moi doado!
Só tes que aprender a atopar no ceo as estrelas que a forman. Logo, imaxinas unha figura unindo esas estrelas, e... Xa é túa para sempre!!
Nós aprendimos sobre estrelas e constelacións cun fermoso programa que baixou da rede o profe Carlos (Stellarium).
Despois, cada aula apoderouse dunha constelación e reproduciuna para todos no taboleiro do vestíbulo. Velaí o resultado.




martes, 15 de abril de 2008

martes, 8 de abril de 2008

Os libriños do tema.

Neste tema chamado Da raiola ao luar, co que andamos a traballar, o Rato fixo para cada un de nós, dous libriños: un poemario e un caderno de astronomía.
O poemario leva por título Catarina e Lourenzo. É un álbum que non ten dianteira nin traseira, xa que pode abrirse dos dous xeitos. A metade das súas páxinas son moi escuras, como a noite; a otra metade son azul claro, como o ceo de día. Todas elas chegaron ás nosas mans ...baleiras!! pero ímolas enchendo pouco a pouco: o Rato envíanos un poema cada semana e nós situámolo na folla correspondente.
O Caderno de astronomía é exactamente iso: un caderno no que debuxar, pegar e escribir algunha das cousas que andamos a aprender sobre a lúa, o sistema solar...o universo.
Ámbolos dous gústannos moito.







Estrelas, planetas... e máis música.


Sei de boa tinta que no cole escoitáchedes a música de Holst e que non só estades a ser aprendices de astrónomos, senon mesmo auténticos internautas.
Pois ben; hoxe propóñovos que conozades o TAMAÑO dalgúns planetas e estrelas... mentres seguides escoitando. Picade na palabra subliñada e disfrutádeo.

mércores, 2 de abril de 2008

Planetas con música

Hai pouco recibín correo do meu amigo trasno Mateus. Nel, cóntame o moito que lle gusta o que andades ver, escoitar e facer co sol, a lúa, as estrelas e os planetas.
Na súa carta fálame tamén de Gustav Holst, ese home que un día descubriu o son dos planetas e transformouno en música. Mateus envíame estes enlaces que poño a continuación, para que vós podades escoitala coas vosas familias.
Grazas, trasno amigo.
MERCURIO
VENUS
MARTE
SATURNO
XÚPITER
NEPTUNO
URANO

martes, 1 de abril de 2008