xoves, 14 de novembro de 2019

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO!!!

O día 11 de novembro, foi o día de San Martiño.
E, como di o refrán, peóns ao camiño .





E aínda que facía mal tempo, fixemos coma as nenas e os nenos galegos desde hai centos de anos no outono, xa que este enredo,TROMPO, BUXAINA, PEÓN, "BUJAINA" (en coruño de cando eu era cativo), é un xoguete que ata os antigos gregos facían para os seus pícaros.

Aquí podedes ver como todo o colexio, nenos e profes, demostraron as suas habilidades para bailar todo tipo de peóns, desde os de madeira de sempre (coa súa piola, ferrón...), ata estas modernidades que eu,  Rato, non sei nin dicir nin escribir.
Ata outra, compañeiros.


luns, 11 de novembro de 2019

mércores, 23 de outubro de 2019

4 MILLÓNS!!




No cole estamos dun subidón maiúsculo.Este martes, as nenas e nenos de 3º,4º,5º e 6º foron de excursión á Casa das Ciencias,e a súa aventura vai ser publicada en toda la prensa da Coruña!! Deixovos uns enlaces para que podades comprobalo : Foron os visitantes 4 millóns e iso non pasa todos os días!!!
La Voz de Galicia
La Opinión
El Ideal Gallego

VENRES DE FUME E LUME!!

O venres 11 de outubro, e invitados polos Bombeiros de A Coruña, fomos ata a Praza de María Pita para participar nunha actividade que resultou moi, moi interesante e moi, moi divertida.


Primeiro explicáronnos como se preparaban para un incidente, e como se iban poñendo o traxe que pesa un montón e vai preparado con moitos trebellos útiles para o seu traballo.
A profe Ana fixo de manequín, e case decide cambiar de traballo e facerse bombeira, pero non se sentía moi favorecida con este atuendo.












Despois mostraron como revisar e utilizar un extintor nun pequeno lume que ocurra no cole ou na nosa casa.


Logo, practicamos primeiros auxilios e todos fixemos a reanimación cardio-respiratoria a un boneco, mentres cantamos  "A Macarena".

Tamén aprendemos como evacuar dun lugar con moito fume , con orde e pechando todo detrás de nos.

Moitas grazas aos Bombeiros por ensinarnos tan ben e tanto e por ser uns profes tan divertidos.

Ata a próxima aventura!














mércores, 25 de setembro de 2019

PRIMEIRO DÍA NO COLE!!

Primeiro día no cole!
Cariñas ledas, cariñas de susto, cariñas de contento...
Todos agardamos un curso estupendo, con momentos de estudo, de diversión .
Este verán andiven buscando que ofrecerlles aos nenos e profes do José Cornide e pareceume que este debía ser un curso de moita CIENCIA e de moita FICCIÓN.

A profe Ana fíxome caso e contou a historia do "Principiño" e as súas aventuras por planetas habitados por extrañas xentes.

Pero, seguindo a tradición, os cativiños cantaron por primeira vez "Pola unha media lúa"

E encargueille a Jose, que nos fixera o mural de benvida, onde todos nos retratamos, cunha paixase de Ciencia - Ficción



Agardo, entón, que vaian xurdindo moitas sorpresas, que nos leven a todos ATA O INFINITO E MÁIS ALÁ!....

domingo, 23 de xuño de 2019

Marchamos de excursión!


O pasado día 20 de xuño os nenos e nenas do Cornide marcharon de excursión, e eu non quería ser menos! así que metinme na mochila do profe Rafa e tamén fun de aventura a Marcelle. Vimos moitísimos animais e pásalo requeteben!!





mércores, 12 de xuño de 2019

luns, 10 de xuño de 2019

Festa das familias!


O venres saín do cole para poder ver as actuacións tan ben preparadas que tiñan os nenos e nenas do cole. Os máis pequenos cantaron e recitaron poemas de grandes poetisas latinoamericanas, as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria faláronnos dos ecosistemas de América do Sur e representaron tamén unha obra de Antón Fraguas. A aula de 3º e 4º narrarou un poema e nos explicou como fora a civilización dos Incas. Os maiores explicaron e representaron a emigración galega a América.
Desfrutamos un montón ensinando ás familias todo que fixéramos e a súa cara de ledicia ao vernos. Moitas grazas por vir!

martes, 28 de maio de 2019

Obradoiro do Nicolasiño


A semana pasada tivemos a sorte de ter no cole un obradoiro sobre o libro Nicolasiño, que xa o leron os nenos e as nenas de 3º e 4º de primaria e agora llo pasaron os de 5º e 6º.
Neste obraoiro, interpretaron algúns fragamentos do libro o alumnado de 3º a 6º de primaria. Foi unha actividade moi amena e divertida. Moitas grazas por vir!


 


martes, 21 de maio de 2019

Letras galegas!


Como tódolos anos, o 17 de maio é o día das Letras Galegas, no que se homenaxea a unha persoa importante para a nosa cultura. Esta edición é adicada a Antón Fraguas,  un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.
Descubrimos a súa vida, a súa obra, teatralizamos unha peza e ata bailamos unha muñeira!



xoves, 16 de maio de 2019

Músicas de Latinoamérica


En relación o noso proxecto Facendo as Américas, o 10 de maio Fran e Marina viñeron tocar unhas pezas latinoamericanas. Desfrutamos un montón bailando e coñecendo novas músicas. Como vedes, o profe Marcos non se puido resistir e tamén tocou algunha canción con eles.
Moitísimas gracias pola visita!




domingo, 7 de abril de 2019

Centros galegos en América



 O venres 29 de marzo tivemos a sorte de contar con Jorge Castro Ruso, un  amigo noso que traballa na biblioteca da Sagrada Familia. Falounos dos galegos e galegas que tiveron que emigrar a América a comezos do século XX e como se adaptaron as súas novas cidades. Xa que tiñan moita morriña  das festas e da cultura galega crearon centros galegos en tódalas cidades onde estaban emigrados.
Moitísimas gracias Jorge, aprendemos un montón! 



luns, 25 de marzo de 2019

CONTACONTOS


O venres, cando aínda estaba espertando co fervor dos nenos e nenas por chegar a escola, escoitei unha voz forte e grave. Asomeime ao vestíbulo para ver quen era e, sen esperalo, vin a Iago López que estaba a contar o seu conto O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.
Como nos gustou!
Que ben o fixo!


xoves, 7 de marzo de 2019

domingo, 3 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ


O  30 de xaneiro conmemórase o día da paz e, no cole, non pasamos sin festexar as datas importantes!

Para esta ocasión contamos co pai de Raquel, que nos contou a labor que fai en diferentes países de África.
Tamén, contamos un conto e cantamos unha canción en varios idiomas a prol da paz e da non violencia.

Acordádevos, un día para festexar e 364 días para levalo a cabo!


Mural que fixeron entre todos





venres, 25 de xaneiro de 2019

Contacontos!


Onte, escoitei falar dunha ratiña e saín da biblioteca para averiguar o que acontecía. Era unha parella de contacontos relatando o conto da ratiña presumida, como me gustou! o mellor de todo foi que contaron 4 contos máis, con música e todo.
Estes rapaces de Kalandraca son estupendos, fixérono requeteben!
Deixovos unhas fotiños para que vexades as nosas caras de ledicia.
Ata a próxima aventura!






venres, 18 de xaneiro de 2019

Probando cousas diferentes!



Hoxe, como parte do noso proxecto Facendo as Américas!, probamos algo moi típico de Argentina, Uruguay, Paraguay e zonas de Bolivia, Brasil e Chile; o mate. É un tipo de infusión moi común no cono sur de América no que se utiliza moito como unha maneira de compartir e sociabilizar.

Vendo as caras de algúns nenos e nenas debe ser algo amargo, mirade!



martes, 8 de xaneiro de 2019

Festival de despedida



O venres 21 de decembro despedimos o primeiro trimestre e ao noso querido MAC.
O salón onde tantos anos levamos celebrando os nosos grandes eventos, pecha o 31 de decembro.
Por iso quixemos despedilo por todo o alto, bailando unhas pezas, dando as grazas por tanto ás personas que alí traballan e recibindo a visita dos mismísimos Reis Magos.
Como nos divertimos!! Que ben o pasamos!!