martes, 22 de setembro de 2015

PALABRA DE CROCODILO.

Para comezar os nosos primeiros contos dos venres, escollín unha fermosa lenda de Burkina Faso, que nos mostra que os crocodilos tamén teñen palabra.
A profe Cecilia contounos o conto da maneira que ela sabe, é dicir, marabillosamente, e o profe Marcos acompañouna cuns efectos especiais do máis especiais. Un djembé (instrumento de percusión africano) e unha fregona (instrumento de limpeza e nesta ocasión sonoro), que nos mergullaron no ambiente do río na selva.
Así deu comezo a serie de actividades que nos servirán para coñecer máis de MAMÁ ÁFRICA.


 Como vedes, nestes próximos días, os nenos van explorar un continente veciño,  con tantas
cousas para aprender e disfrutar.  E como alguén diría:
 HAKUNA MATATA!!!!!!

venres, 18 de setembro de 2015

BENVIDOS Á NOSA XUNGLA !!

Xa estou de volta despois dunhas marabillosas vacacións. Veño con novas ideas, novos libros e vexo neste colexio moitas caras novas. Todos guapísimos e cheos de gañas de aprender moito, moito.
Vexo unha tribo agochada no máis profundo da selva africana.
Están o grupo de feiticeiros, que nos han guiar coa súa sabedoría. Os de sempre e dous que viñeron doutras tribos.

Vin tamén, dúas aprendices de feiticeiras:

E os cachorriños que veñen aprender a cazar letras, recolectar contos, pescar amigos e tecer momentos de ilusión:

E con todas estas novidades, eu penso que este curso imos disfrutar
dun xeito salvaxe.
Vou estar, coma sempre, atento no meu recuncho para darvos conta de todo o que aconteza no noso cole. Benvidos á xungla!!!!!

martes, 23 de xuño de 2015

QUE FARÍA EU SEN TI


Polos mostachos de Mickey! Que rapazada artística a do Cornide! Estaba eu brincando onte pola noite entre os ordenadores da biblioteca, e atopei unha memoria USB extraviada na que andiven investigando. Atopei esta curiosa curtametraxe, feita pol@s alumn@s do "Obradoiro de iniciación á curtametraxe  en galego" levado a cabo por Omar Rabuñal e Txabi Mira. Que entrega!, que fotoxenia!, que dramatismo!, que prosodia! Bravo nen@s!


xoves, 21 de maio de 2015

martes, 12 de maio de 2015

ENTRE CORES, RECENDOS E RECHOUCHÍOS!

Xa estamos metidos de cheo no tema, coas mans na terra e disfrutando de contos, poemas e leccións.
Tratamos de coñecer non só as prantas, senon de estudar insectos, paxaros, e seres vivos que habitan nos xardíns. Falar do importantes que son para a vida da xente, dos nosos avós, dos nenos que alí xogan e se relacionan.
 Estudaremos algo máis dos xardín da cidade de A Coruña e aprenderemos a valorar os elementos que os decoran, as estatuas, as fontes,os bancos e as moitas actividades que alí desenvolvemos, os deportes, os xogos, os paseos dos namorados...
Temos, coma sempre, un caderniño no que iremos poñendo todo o que investigamos e  aprendemos.




Ademáis, no pequeno espazo que foi a nosa horta, estamos organizando un pequeno xardín con prantas e flores.
Aquí tedes as imaxes que demostran o bos xardiñeiros que somos.
Ata pronto. Un saúdo cheo de aromas!!



martes, 5 de maio de 2015

TÍRALLE DA LINGUA 2.015


Como podedes ver no cartel, o noso colexio participou de novo no concurso "Tíralle da lingua" en Santiago de Compostela. Foron os rapaces do 3º ciclo cun conto que lles gusta moito desde pequeniños e que eles adaptaron:  Non é unha caixa.
Xa sabemos todos que o importante é participar, e que os de Carballo sempre nos levan a dianteira nesto do idioma, pero fixérono moi ben a pesares dalgún problema técnico sen importancia. 
Mirade aquí o resultado:

Ademáis, foron en tren, que sempre é unha aventura, e visitaron a Catedral e viron voar o Botafumeiro.
Foi un día colosal.