martes, 12 de maio de 2015

ENTRE CORES, RECENDOS E RECHOUCHÍOS!

Xa estamos metidos de cheo no tema, coas mans na terra e disfrutando de contos, poemas e leccións.
Tratamos de coñecer non só as prantas, senon de estudar insectos, paxaros, e seres vivos que habitan nos xardíns. Falar do importantes que son para a vida da xente, dos nosos avós, dos nenos que alí xogan e se relacionan.
 Estudaremos algo máis dos xardín da cidade de A Coruña e aprenderemos a valorar os elementos que os decoran, as estatuas, as fontes,os bancos e as moitas actividades que alí desenvolvemos, os deportes, os xogos, os paseos dos namorados...
Temos, coma sempre, un caderniño no que iremos poñendo todo o que investigamos e  aprendemos.




Ademáis, no pequeno espazo que foi a nosa horta, estamos organizando un pequeno xardín con prantas e flores.
Aquí tedes as imaxes que demostran o bos xardiñeiros que somos.
Ata pronto. Un saúdo cheo de aromas!!



3 comentarios:

Coco dixo...

Que caderniño máis bonito! Vou traballar nel eu tamén, a ver se me queda tan feitiño como o que estades a facer vós no colexio. Xa veredes!
Gustáronme moito as fotos Rato. Grazas!
Bravo polos xardineiros do Cornide!

Besos dixo...

Encantoume estas fotos con nenos e nenas que xa non estan neste colexio

Bicos

Leo dixo...

Este traballo é tan bo que a partires de agora seguro que todos imos mirar os nosos xardíns con máis atención.
Bravo, rapaces!