martes, 22 de setembro de 2015

PALABRA DE CROCODILO.

Para comezar os nosos primeiros contos dos venres, escollín unha fermosa lenda de Burkina Faso, que nos mostra que os crocodilos tamén teñen palabra.
A profe Cecilia contounos o conto da maneira que ela sabe, é dicir, marabillosamente, e o profe Marcos acompañouna cuns efectos especiais do máis especiais. Un djembé (instrumento de percusión africano) e unha fregona (instrumento de limpeza e nesta ocasión sonoro), que nos mergullaron no ambiente do río na selva.
Así deu comezo a serie de actividades que nos servirán para coñecer máis de MAMÁ ÁFRICA.


 Como vedes, nestes próximos días, os nenos van explorar un continente veciño,  con tantas
cousas para aprender e disfrutar.  E como alguén diría:
 HAKUNA MATATA!!!!!!

2 comentarios:

Coco dixo...

Que xeito de empezar! Eu non coñecía o conto, e encantoume. O acompañamento instrumental xenial. Tentei reproducilo e saiu... bueno, algo saiu. Noraboa aos debuxantes do mural de Mamá África! É fantástico. Pensades que podería aparecer eu por aí nalgún recunchiño? Poido pasar por un animal da xungla, son azul, peludo, cun nariz rosa, un sorriso encantador, ocorrente e ás veces un pouco salvaxe.
Unha aperta a todos!

Toloveo dixo...

O mural é unha maravilla. Es-pec-ta-cu-lar. E con eses exploradores pequeniños que andan por alí, entre xirafas, elefantes e hipopótamos, parece unha aventura á que non lle vai faltar de nada.