venres, 6 de maio de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR.- ABUSÓNS FÓRA DA ESCOLA!!

 O día 2 de maio lémbrase internacionalmente que a escola debe ser un lugar seguro, tranquilo e acolledor para cada neno e nena que ven a aprender e a pasalo ben.

Por iso, e para que nos poñamos na pel e nos zapatos dos que sofren estas terribles situacións, as profes María e Lucía contáronnos o conto "OLIVER BUTTON É UNHA NENA





Aquí podedes ver ás profes contando o conto e mostrando as ilustracións.

Fixérono BEN, BEN, REQUETEBEN!!



E a profe Ana presentounos outros libros que están na nosa biblioteca e que tamén falan de nenos e nenas que, por ser diferentes, pasan momentos ou situacións que ningún de nós queremos pasar NUNCA, NUNCA, XAMÁIS.





Todos menos uno
A nena que quería navegar
Ás de mosca para Anxo
Orellas de bolboreta
Un niño muy raro

Son os títulos deses libros que contan historias que eu sei que non pasaron nin pasarán nunca no noso colexio.
PALABRA DE RATO!!









Ningún comentario: