O venres 9 de outubro, algúns nenos e nenas da clase do profe Marcos representaron para todos nós unha lenda africana titulada Rafara. Metéronse no noso camerino e saíron disfrazados de paxaros e outros personaxes desta historia. A súa representación foi marabillosamente salvaxe. Aquí tedes as fotos que o demostran.
A sesión foi dobre, xa que a profe Cecilia e os nosos amigos alemáns, quixeron que coñeceramos que os idiomas teñen a súa propia música e contáronnos o conto dunha eiruga moi larpeira coa música do alemán e coa música do galego. Despois démoslles un forte aplauso e un bico grande de todos para estes chicos que marchaban para o seu país logo de pasar unha temporadiña connosco. Volvede cando queirades a contarnos máis contos coa música do voso idioma!
2 comentarios:
encantounos o conto de RAFARA e moi ben os alemáns e Cecilia.
No conto de Rafara encantounos o sol e a lúa,rafara,o pai con cara de enfadado e as irmáns con celos e rato e o páxaro.
o que mais gústounos era a corvata de Lamas.
¡¡¡Que bien intepretaron el cuento los alumnos de 5ª!!!
Todos estaban muy guapos y con la ropa te partías.
Moló mucho el sol y la luna,¡¡que bien lo hicistes Marcos!!
Rafara también lo hizo muy chachi,y las hermanas también,pero Dami,la cara de enfadado no fué muy creíble.
Aún así,moló mucho:
¡¡¡¡QUE KAWAIIS SOIS TODOS!!!!
Publicar un comentario