Foi unha xornada de festa para todos. Jose e algúns profes traballaron arreo para asar unhas deliciosas castañas. Os pícaros xa estiveran preparando os recipientes para levar as castañas e non tirar as cascas ao chan. Había cada un máis bonito...!!
Así que, despois do recreo, xuntámosnos todos no vestíbulo do cole, e alí houbo cantigas, poemas, refráns... para que todas as familias coñeceran moito máis dos magostos.
Despois de encher o bandullo de castañas e leite, os rapaces e rapazas maiores do cole, organizaron no patio un monton de xogos e, cada vez que o profe Marcos tocaba o tambor, todos cambiabamos e tiñamos que adiviñar onde está a castaña, ou tirar a castaña na boca da ra, ou unha carreira de castañas na culler, castaña branca-castaña moura...
Polo tanto, co ben que o pasamos, pedimos:
OUTRO MAGOSTO
PARA O MES DE AGOSTO!!!
7 comentarios:
Os xogos populares foron moi divertidos e as castañas moi ricas. Que magosto houbo no Cornide! Noraboa a todos pola festa.
Os xogos estiveron xenial. Noraboa pola organización.
Os xogos estiveron xenial. Os de 5º e 6º estiveron como uns auténticos cracks.
¡Que divertido¡ Que fermosísimos estan e todos o fixeron igual coma semmpre pdt espero
Os xogos de 5º e 6º estiveron moi ben grazas a eles. Moitos besiños
Qué bos son quinto e sexto por facer esos xogos tan bonitos¡¡¡¡¡¡¡¡ Tedes que compensalos.
Todo moló mucho pero lo que más moló fueron los juegos de 5ª y 6ª.
Flipo con que no se estresaran mucho.
Esto es una prueba de que,Marcos,¡¡¡¡TIENES UNOS ALUMNOS ESTUPENDOS Y MUY KAWAIIS!!!!!!
Publicar un comentario