martes, 5 de maio de 2015

TÍRALLE DA LINGUA 2.015


Como podedes ver no cartel, o noso colexio participou de novo no concurso "Tíralle da lingua" en Santiago de Compostela. Foron os rapaces do 3º ciclo cun conto que lles gusta moito desde pequeniños e que eles adaptaron:  Non é unha caixa.
Xa sabemos todos que o importante é participar, e que os de Carballo sempre nos levan a dianteira nesto do idioma, pero fixérono moi ben a pesares dalgún problema técnico sen importancia. 
Mirade aquí o resultado:

Ademáis, foron en tren, que sempre é unha aventura, e visitaron a Catedral e viron voar o Botafumeiro.
Foi un día colosal.


5 comentarios:

Xeila dixo...

Encantoume un viquiño para todos os nenos e nenas de xoxe cornide espero que estedes moy ben e que estudedes un biquiño

Xexenopp dixo...

Isto e como o de a caixa pero con outro estilo o fixestelo xenial sorte e que os saia o mellor posible vicos espero que esteis estudando oki besos

Coco dixo...

Bo traballo! Poderiades deixarme esa caixa, ejem, esa que non é unha caixa?
Moitas grazas por compartir o video con todos nós!

Alejandra 5º dixo...

Gustoume moito a experiencia todo moi parecido ao da vez anterior.
Non gañamos pero... Chegamos de primeiros.

Toloveo dixo...

Moi ben, rapaces. Da gusto ver o voso traballo.