domingo, 29 de setembro de 2013

VISITA DE BEATRIZ MACEDA E LAURA VELEIRO, AUTORAS DE "MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE"

Este venres 27 de setembro pasaron por aquí as dúas autoras do libro Man, o alemán de Camelle: a escritora Beatriz Maceda Abeleira e a ilustradora Laura Veleiro. Ben, realmente, no caso de Beatriz, o máis correcto é dicir que volveu por esta casa súa, porque seguro que moitas e moitos de vós a lembrades cando fora profe de inglés hai uns anos.
As dúas falaron sobre o mítico Man (ou Manfred Gnädinger, que era o seu nome real), que residiu durante 40 anos na praia de Camelle, polas terras de Camariñas.
Contounos a historia da súa vida, de como chegou alí en maio de 1961, e de como ficou entre nós creando un auténtico museo ao aire libre onde, coas pedras e outros elementos que chegaban á praia, foi construindo o seu soño en forma de esculturas e outras formas artísticas.
Foi un heroe para Beatriz, e, desde logo, quedamos coa impresión de que non só o foi para ela... Mentres as súas palabras ían chegando como unha brisa do mar, Laura ensinounos as ilustracións que fixo para o libro, e, ao final, contounos como levou adiante o seu traballo para esta obra.
Este trasno que escribe estas liñas, empoleirado sobre o proxector, disfrutou ben da súa visita, e quedou con gañas de saber máis de Manfred, un alemán ben galego!!
Aquí quedan algunhas fotos, e, desde logo, os meus parabéns para Beatriz e Laura!!!

E como había dúas persoas con moita sensibilidade para a ilustración, aquí quedan as súas obras (parabéns, Jose e Laura, e moitísimas grazas pola vosa humildade e a grande capacidade para crear que tendes!!)




4 comentarios:

Beatriz dixo...

Moi agradecida ao trasno Mateo, aos nenos e nenas do colexio e aos meus compañeiros.
Foi o venres un día especial, sentinme querida, que é o mellor agasallo.
Bicos a feixes con sabor a mar, ao noso mar galego.

Beatriz Maceda Abeleira dixo...

Pero que cariñoso é este trasno con nós! Moitas grazas a todos os nenos e nenas do colegio, o pasamos moi ben na vosa compaña.
E como fúchedes tan bos, vai chegar un día destes un agasallo moi especial para que o enchades de cores.
Bicos a feixes.
Beatriz.

María Díaz dixo...

Encantoume o libro pero ao final é algo tris.

Alba, 6º dixo...

Encantoume poder volver a ver a Bea, foi moi boa profesora e gardamos moi bons recordos daquela época, só podemos darche as GRAZAS por vir.