Xa comezou o novo curso! E xa estamos todos aquí, os peques, que cada vez son máis grandes, os novos pequerrechos que estrean o cole, novos profes ,os vellos profes de sempre...
desde o meu curruncho vexo toda a actividade destes primeiros días.
A primeira actividade foi un mural no que todos os nenos se debuxaron, dun xeito que tivera relación coa auga.
Tamén tivemos a primeira lectura dun conto, coa que aprendimos o que é ser amigos.
E os nenos de segundo ciclo nos fixeron a representación da fábula da lebre e a tartaruga, que tanto éxito tivo o curso pasado.
Xa vedes que o novo curso está en marcha, a maquinaria comeza a carburar, a travesía se inicia con toda a tripulación preparada, e eu cavilando cantas viaxes máxicas nos agardan.
Tripulación aos seus postos!
A toda vela!
2 comentarios:
Que ben!! Unímonos á tripulación, para soñarmos sobre as augas da imaxinación!!!
votobos un pouco de menos e gustame moito o que estades aprendendo un bico nuria
Publicar un comentario