luns, 5 de marzo de 2012

Un deporte novo e vello: a Billarda!!!

Amigas e amigos:
Vexo que estades xa traballando sobre os xogos olímpicos! A ver se logramos que Jose pegue uns bos chimpos por riba de todos os obstáculos e sexa capaz de cerrar as dúas portas do cole antes dun minuto! (Que vos parece? Esta si sería unha proba olímpica, verdade?). Falando co Rato, preguntámonos se saberedes dalgún deporte que ainda non está recoñecido polo Comité Olímpico, e, concretando máis, como non sabemos se o coñecedes, deixámosvos aquí un deporte tradicional de Galicia, a Billarda ou Estornela (pinchade aquí e teredes moita máis información). Polo de pronto, déixovos aquí este vídeo onde podedes saber algo máis del (hai unha Liga e todo!!!, na que, por certo, unha das xornadas se xogou nun sitio que, de seguro, coñecedes ben -reparade na foto e a ver quen o adiviña antes!!-):

1 comentario:

Ana Alén 1A dixo...

Que cosas más divertidas estais haciendo.Saludos,
Ana Alén