Amigas e amigos:
Non é ainda deporte olímpico, mais desde logo é un dos xogos máis tradicionais por estes lugares. O peón, trompo ou buxaina, lévase practicando desde hai ben anos (de feito, algúns dos vosos pais, nais, avós e avoas teñen xogado ben horas na súa infancia así). Preguntádelles e xa veredes como levades máis dunha sorpresa (seguro que en máis dunha casa ainda quedan buxainas!). Aquí van dous vídeos, un do "Día do Peón":
E outro máis onde podedes ver como se constrúen por un artesán:
E aquí queda unha proposta: non haberá polo cole algunha billarda? Eu, de vós, preguntáballe a Marisol ou a Xosé Luís, a ver se saben onde buscar... e mesmo se se animarían a xogar un pouco. Que vos parece?
1 comentario:
Me parece estupenda a tua proposta.
Publicar un comentario