Meus queridos amigos:
Levo tempo pensando nalgunha adiviña para comprobar como andan os vosos reflexos. Encontrei esta que, tal vez, se relacione co tema que estades a traballar estes meses:
Que será unha cousa, cousiña,
Chea de noite e valeira de día? A ver se dades sabido de que se pode tratar...
11 comentarios:
Cremos que é a Lúa, porque de noite está chea e polo día non se ve.
Saudos
Ben pensado, amigas.
Pero o caso é que non é a lúa.
Unha pista: é algo desde onde se pode ver a lúa.
A ver, a ver...
Será entón o ceo? Nos cremos que si.
Serán as casiñas?
Será a ventá da casa...
Anónimo
Pois témome que non é o ceo, nen as casiñas nen a ventá da casa: todas moi lindas, e ben pensadas.
Pero non.
Outra pista: é algo que está dentro da casa...
A ver, a ver...
Pois a ver se alguén a acerta...
Las dos divinas de 5º
Será a cama?
Cristina: que che fai pensar que pode ser a cama?
Porque a cama está na casa, e de noite durmimos nela entón está chea e de día está valeira.
Perfeito, Cristina!! Efectivamente é a cama.
Que orgulloso se sente este trasno de tratar con nenos e nenas así!!
Publicar un comentario